Proxectos

PROGEBOSQUE FASE II (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e seguridade alimentaria en Comunidades que habitan zonas do bosque na subconca do río Chipilico, na rexión de Piura – Perú)

O presente proxecto pretende dar continuidade ao proxecto PROGEBOSQUE, presentado pola Fundación Galicia Innova e a Asociación Chira no ano 2018 e cuxa misión é a de fortalecer as capacidades organizativas e de xestión produtiva de tres comunidades de bosque da subconca do río Chipilico, na rexión de Piura (Perú), co liderado das mulleres e os mozos, mediante a promoción de iniciativas sustentables e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e seguridade alimentaria, no marco das políticas públicas locais en desenvolvemento económico, ambientais e de planificación ordenada do territorio para a xestión de riscos, mitigación e adaptación ao cambio climático.

A través da execución deste proxecto preténdese seguir fortalecendo as comunidades de Huabal, Monte Los Olivos e Puerta Pulache/Maray, xa iniciadas co proxecto anterior, así como ampliar o número de comunidades e asociacións de mulleres e mozas a empoderar (2 novas comunidades: Zapotal e  Pampa Verde – 3 novas asociacións), desenvolvendo as súas capacidades mediante o apoio técnico especializado, a formación e capacitación e a dotación de medios para que poidan aplicar o manexo integral sustentable e produtivo do bosque e mellorar os seus ingresos económicos e seguridade alimentaria e, polo tanto, a súa calidade de vida, ademais da conformación e fortalecemento da primeira rede de emprendedores do bosque da zona da  subconca do río Chipillico, na que se incluirán todos os beneficiarios dos proxectos  PROGEBOSQUE (I e II).

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Asociación Chira para la Formación técnica de la cuenca hidrográfica Catamayo Chira

Código CRS: 
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo  xeral: Mellorado o desenvolvemento económico, social, organizativo e planificación territorial das Comunidades de bosque da  subconca do río Chipillico na rexión de Piura (Perú), mediante a seguridade de produción alimentaria, fomento produtivo e comercial de produtos ecolóxicos do bosque, con impacto favorable na sustentabilidade ambiental e prevención de desastres.

Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades organizativas e de xestión produtiva de 5 comunidades de bosque da subconca do río Chipillico na rexión de Piura (Perú), co liderado de mulleres e novas, mediante a promoción de iniciativas sustentables e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e a seguridade alimentaria; no marco de políticas públicas locais en desenvolvemento económico, ambientais e de planificación ordenada do territorio para a xestión de riscos, mitigación e adaptación ao cambio climático.

Resultados e actividades: 

RE1.1: Fortalecidas 3 Comunidades do bosque seco con emprendementos sustentables.

A 1.1.1: Dotación ás comunidades de novos módulos para a implementación de negocios.

A 1.1.2: Capacitación técnica especializada a mozas e mulleres das 3 asociacións.

A 1.1.3: Adecuación dun local da Asociación de mulleres gandeiras de Nuevo Maray para o desenvolvemento de negocios de confeitería.

A 1.1.4: Elaboración da cartilla de manexo de gando caprino e ovino.

A 1.1.5: Elaboración da cartilla de produción de abonos orgánicos.

RE 1.2: Organizadas e fortalecidas 2 Comunidades do bosque seco para a xestión sustentable do territorio.

A 1.2.1: Estudo do potencial forestal e produtivo dos bosques comunais de dúas comunidades (Zapotal e  Pampa Verde).

A 1.2.2: Capacitación a líderes de 2 comunidades, de 2 asociacións de xuventude e de 1 asociación de mulleres de ditas comunidades para a xestión do bosque, así como en igualdade de xénero, dereitos humanos, liderado e desenvolvemento persoal e social.

A 1.2.3: Elaboración do Plan de xestión do bosque en 2 comunidades.

RE 1.3: Tres asociacións de mulleres e mozas das 2 comunidades con emprendementos sustentables de produtos derivados do bosque seco.

A 1.3.1: Fortalecemento das 3 asociacións de mozas e mulleres para negocios con produtos do bosque.

A 1.3.2: Capacitación técnica especializada a mozas e mulleres das 3 asociacións.

A 1.3.3: Formulación de plans de negocio con enfoque de xénero.

A 1.3.4: Implementación de negocios innovadores.

A 1.3.5: Definición do Plan de Marketing e posta en marcha.

RE 1.4: Constituída, articulada e organizada unha rede de emprendedores de produtos do bosque seco para a optimización dos procesos organizativos, produtivos e de comercialización dos produtos.

A 1.4.1: Formación a promotores do bosque.

A 1.4.2: Talleres de formalización da rede de emprendedores.

A 1.4.3: Adecuación do local da asociación de gandeiras de Nuevo Maray como centro de provisión para a rede de emprendedores.

A 1.4.4: Desenvolvemento e participación do evento rexional en Mallares para o lanzamento da rede e os produtos do bosque.

A 1.4.5: Intercambio a experiencias exitosas internacionais de conformación de redes de emprendedores das cadeas de valor agrícola/ forestal.

A 1.4.6: Sistematización da experiencia.

Poboación beneficiaria: 

Directa. Un total de 354 persoas, atendendo aos seguintes perfís:

  • 8 homes e 30 mulleres da Asociación de Mujeres de NuevoMaray; 20 homes e 18 mulleres da Asociación de Mozas CEBA de Huabal; 20 mulleres da Asociación de Mujeres de PuertaPulache - Maray; 22 homes e 20 mulleres da Asociación de Mozas de PuertaPulache. 6 homes e 24 mulleres da Asociación de Mujeres Monte Los Olivos, que serán beneficiarios directos das actividades englobadas no resultado 1 do proxecto.
  • 12 homes e 8 mulleres líderes da Comunidade de Zapotal, 18 homes e 10 mulleres líderes da Comunidade de Pampa Verde.
  • 12 homes e 18 mulleres da Asociación de Jóvenes Zapotal, 4 homes e 18 mulleres da Asociaciónde Mujeres de Zapotal, 24 homes e 20 mulleres da Asociación de Jóvenes de Pampa Verde, que serán beneficiarios directos das actividades englobadas no resultado 2 do proxecto.
  • 12 homes e 18 mulleres da Asociación de Jóvenes Zapotal, 4 homes e 18 mulleres da Asociación de Mujeres de Zapotal, 24 homes e 20 mulleres da Asociación de Jóvenes dePampa Verde, que serán beneficiarios directos das actividades englobadas no resultado 3 do proxecto.
  • 28 homes e 14 mulleres Nuevas Promotoras del Centro Binacional.

Indirecta. Un total de 2.226 persoas, atendendo aos seguintes perfís:

  • 240 persoas (120 homes e 120 mulleres) da Comunidade de Nuevo Maray + 240 nenos da comunidade; 120 persoas (60 homes e 60 mulleres) da Comunidade de Ceba-Huabal + 200 nenos da comunidade; 140 persoas (70 homes e 70 mulleres) da Comunidade de PuertaPulache- Maray + 140 nenos que se beneficiasen das melloras desenvoltas nas comunidades + 72 persoas (36 homes e 36 mulleres) da Comunidade de Monte de los Olivos + 80 nenos da comunidade + 320 persoas (180 homes e 140 mulleres) da Comunidade de Zapotal + 240 nenos da comunidade + 310 persoas (190 homes e 120 mulleres) da Comunidade de Pampa Verde + 240 nenos da comunidade.
  • 100 (60 homes e 40 mulleres) novos estudantes do Centro Binacional.
Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 170.749,99 € (2019: 68.299,99 €; 2020:102.450,00 €)