PROGEBOSQUE (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades que habitan zonas de bosque na Sub conca do Río Chipilico, na rexión de Piura – Perú)
O obxecto do presente proxecto é o de fortalecer as capacidades organizativas e de xestión produtiva de tres comunidades de bosque da subcuenca do río Chipilico na rexión de Piura, Perú; co liderado das mulleres e os mozos, mediante a promoción de iniciativas sustentables e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e aseguramento alimentario, no marco das políticas públicas locais en desenvolvemento económico, ambientais e de planificación ordenada do territorio para a xestión de riscos, mitigación e adaptación ao cambio climático. A través da execución do presente proxecto preténdese empoderar ás comunidades en xeral, e a 5 asociacións de mulleres e mozas de tres comunidades en particular, desenvolvendo as súas capacidades mediante o apoio técnico especializado, a formación e capacitación e a dotación de medios para que, poidan aplicar o manexo integral sustentable e produtivo do bosque e deste xeito mellorar os seus ingresos económicos e por tanto a súa calidade de vida.
De maneira máis específica, as accións están enfocadas ao fortalecemento e organización de 3 comunidades mediante a capacitación dos seus líderes, previa realización de estudos do potencial forestal e produtivo dos bosques das devanditas comunidades, para que desenvolvan o plan de xestión dos bosques, fortalecendo así mesmo o Centro de Formación
Técnica Binacional ( CFPB) das Lombas como entidade de referencia en xestión produtiva sustentable do bosque seco e aos estudantes do Centro. O proxecto brindará apoio técnico especializado e recursos aos actores locais (5 Asociacións de mozas e de mulleres) das 3 comunidades que permitirá o desenvolvemento de emprendementos sustentables de produtos derivados do bosque seco.
Asociación Chira para la Formación técnica de la cuenca hidrográfica Catamayo Chira
Obxectivo xeral: Mellorado o desenvolvemento económico, social e planificación territorial de 3 Comunidades de bosque da sub conca do río Chipillico na rexión de Piura (Perú), mediante o aseguramento de produción alimentaria, fomento produtivo e comercial de produtos ecolóxicos do bosque, con impacto favorable na sustentabilidade ambiental e prevención de desastres.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades organizativas e de xestión produtiva de 3 comunidades de bosque da sub conca do río Chipillico na rexión de Piura (Perú), co liderado de mulleres e novas, mediante a promoción de iniciativas sustentables e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e aseguramento alimentario; no marco de políticas públicas locais en desenvolvemento económico, ambientais e de planificación ordenada do territorio para a xestión de riscos, mitigación e adaptación ao cambio climático.
Resultado 1.1: Organizadas e fortalecidas tres Comunidades do bosque seco para a xestión
sustentable do territorio.
- A.1.1.1: Desenvolvemento da liña basee
- A.1.1.2: Estudo do potencial forestal e produtivo dos bosques comunais de 3 comunidades
- A.1.1.3: Capacitación a líderes das 3 comunidades e das 5 asociacións de mulleres e novas, así como mozas do Centro de Formación Técnico Binacional para a xestión do bosque
- A.1.1.4: Plan de xestión do bosque en 3 comunidades
- A.1.1.5: Fortalecemento do Centro Binacional As Lombas.
Resultado 1.2: Cinco asociacións de mulleres e mozas das comunidades con emprendementos sustentables de produtos derivados do bosque seco
- A.1.2.1: Fortalecemento das 5 asociacións de mulleres e de mozas para negocios con produtos do bosque
- A.1.2.2: Capacitación técnica especializada a mozas e mulleres das 5 asociacións
- A.1.2.3: Formulación de plans de negocio con enfoque de xénero
- A.1.2.4: Implementación de negocios innovadores.
- A.1.2.5: Elaboración da cartilla en transformación de algarroba e confeitería.
- A.1.2.6: Certificación de produtos - Autorización dos produtos.
- A.1.2.7: Definición do Plan de márketing
- A.1.2.8: Participación en feiras
- A.1.2.9: Pasantías a experiencias exitosas
Directa: 234 homes e 186 mulleres
Indirecta: 230 homes, 210 mulleres, 290 nenos, 290 nenas
Axuda Xunta de Galicia: 156.916,00 € (2018: 62.766,40 €; 2019: 94.149,60 €)