Proxectos

Programa Abraza tu Mar: Construíndo un futuro sostible para a pesca artesanal salvadoreña

O programa Abraza tu Mar fortalece a pesca artesanal en O Salvador mediante melloras produtivas, organizativas e normativas. Impulsa innovacións tecnolóxicas, o fortalecemento cooperativo e a incidencia política do sector. Reforza a igualdade de xénero con espazos seguros, liderado feminino e estratexias de empoderamento económico. Promove a xustiza ambiental e a comunicación para posicionar o sector e a súa achega ecosistémica e nutricional.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Programas Exterior
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Bahía de Jiquilisco
La Paz (departamento) Salvador
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Asociación Fundación para la Cooperación y el desarrollo Comunal de El Salvador (CORDES)

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Xeral: Aumentar a achega da pesca e acuicultura artesanais á Seguridade Alimentaria e Nutricional salvadoreña.

Específico: Mellorar as capacidades produtivas e de gobernanza do sector da pesca artesanal salvadoreña desde un enfoque de inclusión, sustentabilidade e resiliencia ecolóxica.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Implementado un plan de seguimento e avaliación do proxecto.

       A1.1.1. Conformación dos comités de dirección e seguimento.

       A1.1.2. Reunións informativas TdD, TdR e TdO (mes 1 ao 30).

       A1.1.3. Implementación do plan de seguimento (mes 1 ao 30).

       A1.1.4. Establecemento de liñas de base e saída (mes 1 ao 3 e mes 30).

       A1.1.5. Realización de avaliación intermedia e final (mes 14 ao 15 e mes 30).

 

RE 1.2. Iniciativas cooperativas vinculadas á cadea de valor do sector pesqueiro artesanal acceden a medios de traballo sostibles que repercuten nunha actividade máis rendible e con menor impacto ambiental.

       A1.2.1. Axustes e melloras en prototipo de embarcación para a pesca artesanal salvadoreña (mes 4 ao 18).

       A1.2.2. Instalación de sistema fotovoltaico en restaurante da Cooperativa El Milagro (mes 4 ao 18).

       A1.2.3. Instalación e acompañamento a currais para a extracción sostible e segura de curil e casco de burro (mes 4 ao 30).

       A1.2.4. Plan piloto para a mellora dos medios e condicións de traballo de curileras (mes 5 ao 12).

       A1.2.5. Introdución de mecanismos e equipos para a produción e comercialización sostible de cooperativas camaroneras (mes 5 ao 30).

       A1.2.6. Reforzo de medios de traballo e capacidades de cooperativas de pesca continental (mes 7 ao 18).

 

RE 1.3. A Confederación e federacións da pesca artesanal salvadoreña participan con titulares de obrigas da co-gobernanza do sector superando fendas de inclusión de colectivos vulnerables.

       A1.3.1. Desenvolvemento do Plan de Incidencia de CONFESPESCA (mes 2 ao 30).

       A1.3.2. Elaboración dunha Estratexia para a sustentabilidade económica de CONFESPESCA e o acceso a créditos do sector (mes 3 ao 30).

       A1.3.3. Proceso de especialización sobre normativas para regulación do sector pesqueiro con TdO (mes 3 ao 20).

       A1.3.4. Xira en Galicia de representantes do sector (mes 4 ao 5 e 16 ao 17).

       A1.3.5. Escola de cooperativismo pesqueiro "Abraza tu Mar" (mes 5 ao 30).

 

RE 1.4. As mulleres organizadas de tres federacións e unha confederación do sector pesqueiro artesanal aumentan o seu empoderamento social, político e económico.

       A1.4.1. Diagnóstico de Xénero FEDECOPACG (mes 3 ao 18).

       A1.4.2. Escola de Liderado "Ellas Deciden" (mes 3 ao 5, mes 10 ao 13 e mes 22 ao 25).

       A1.4.3. Construcción da Casa da Muller de FECOOPAZ con definición de estratexia de empoderamento económico (mes 4 ao 16).

       A1.4.4. Fondos rotativos para o empoderamento económico de mulleres "Ellas Emprenden" (mes 5 ao 30).

       A1.4.5. Escola de masculinidades alternativas/positivas con homes (mes 5 ao 12).

       A1.4.6. Celebración de datas emblemáticas (mes 5, 10, 17, 21 e 29).

       A1.4.7. Planos de Igualdade de Xénero e conformación de Comités de Xénero en FACOPADES e FEDECOPACG (mes 11 ao 16 e 23 ao 28).

 

RE 1.5. Mellorada a resiliencia ecosistémica de recursos sensibles en áreas con especial protección ambiental e estratégicos para o sector pesqueiro artesanal.

       A1.5.1. Apoio a dous currais de protección de tartarugas mariñas (mes 2 ao 6, mes 12 ao 18 e mes 24 ao 30).

       A1.5.2. Mellora dun corral de cangrexo azul (mes 2 ao 16).

       A1.5.3. Estratexia para a xestión ambiental e valorización de residuos pesqueiros en Estero Jaltepeque e Encoro Cerrón Grande (mes 10 ao 30).

       A1.5.4. Limpeza de canóns en Estero Jaltepeque e Baixo Lempa (mes 17 ao 18).

 

RE 1.6. As iniciativas organizadas da pesca artesanal fortalecen o posicionamento social do sector como unha alternativa sostible para a seguridade alimentaria e a protección do medio ambiente.

       A1.6.1. Formación en TIC´s con mozos das federacións (mes 3 ao 30).

       A1.6.2. Consolidación da campaña "Abraza tu Mar" en redes sociais (mes 3 ao 30).

       A1.6.3. Edición e promoción dun receitario tradicional con produtos pesqueiros (mes 4 ao 30).

       A1.6.4. Desenvolvemento de festivais ecoturísticos (mes 4, 11, 16, 23 e 28).

       A1.6.5. Re-edición participativa da exposición "Ellas Deciden. Mulleres do Mar" en El Salvador e Galicia (mes 7 ao 30).

 

RE 1.7. Xerados mecanismos de difusión do proxecto en Galicia.

       A1.7.1. Plan de comunicación en Galicia incluíndo as xiras co sector (mes 4 ao 30).

       A1.7.2. Elaboración e edición da exposición "Ellas Deciden. Mulleres do Mar" en El Salvador e Galicia en diferentes municipios galegos (mes 7 ao 30).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2.813 (1.109 mulleres e 1.704 homes)

Indirecta: 25.285 (9.958 mulleres e 15.327 homes)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

600.000 € (180.000 € en 2025, 210.000 € en 2026 e 210.000 en 2027)