Proxectos

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A PROMOCIÓN DAS RELACIÓNS DE COOPERACIÓN ENTRE GALICIA E AMÉRICA LATINA

OBXECTIVO: Impulsar o  coñecemento económico, social e cultural de Galicia en América Latina, promovendo un achegamento académico  e empresarial, ofrecendo un ambiente de liberdade intelectual e de pluralismo de ideas.

ACCIÓNS: - Curso de doutorado impartido na Universidade Michoacana de Morelia, México.
-Seminario na Fundación Getulio Vargas de Sao Paulo sobre o MERCOSUR. Neste curso participaron académicos de universidades de Arxentina, Chile, Uruguay, Paraguay, Brasil, Venezuela, España e Francia.
-Ciclo de conferencias sobre a Unión Europea, Galicia e América Latina na Universidade Católica de Santos (Brasil).
-Conferencia sobre a Economía Galega en Montevideo (Uruguay).

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Axudas: 

18.000 EUROS