Proxectos

Programa de apoio ó novo modelo de xestión da formación técnico-produtiva agropecuaria da rexión de Piura. Perú

O obxecto do presente proxecto é o de fortalecer o modelo de xestión da formación técnico rexional da rexión de Piura, dando continuidade o Programa de fomento e formación para o emprendemento sustentable con mozos no medio rural agrario da conca do Chira (Piura - Perú) comezado no ano 2016 e que segue en execución por parte da Fundación Galicia Innova e a Asociación Chira; e que pretende, de maneira xeral mellorar o tecido organizativo e a incidencia nas políticas públicas de formación tecnolóxica agraria da rexión, así como adaptar a currícula técnica agropecuaria ó enfoque de desenvolvemento territorial. A través da execución do presente proxecto, preténdese empoderar os/as actores locais e rexionais desenvolvendo as súas capacidades mediante o apoio técnico especializado e adaptar as currículas técnicas agropecuarias nacionais existentes ás rexións no ámbito das súas competencias recentemente adquiridas.

De maneira máis específica, as accións a desenvolver no marco do proxecto están enfocadas ao fortalecemento da mesa de formación técnica rexional de concertación público privada, á conformación dunha rede de centros de formación tecnolóxica agropecuaria e ao fortalecemento da oficina da Dirección Rexional de Educación. O proxecto brindará apoio técnico especializado e recursos que permitirán os/as actores locais e institucionais o desenvolvemento das súas capacidades e o empoderamento para a constitución de alianzas público privadas e a toma de decisións en relación á formación técnica agraria rexional.

Asemade, e no marco das actuacións a desenvolver pola propia mesa e a rede de centros, procederase a revisión, actualización e aprobación das currículas técnicas agropecuarias das carreiras existentes na actualidade: produción agropecuaria, produción forestal e administración de negocios agropecuarios ao enfoque de desenvolvemento territorial para a serra e a costa, o ser esta actividade fundamental no marco das competencias asignadas as rexións, no proceso de descentralización educativa existente no país.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Asociación Chira para la Formación técnica de la cuenca hidrográfica Catamayo Chira

Código CRS: 
31181 - Ensino / formación agraria
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Mellorada a calidade da formación técnica agropecuaria e a empre­­­gabilidade dos/as mozos/as da rexión de Piura.

Obxectivo Específico: Fortalecido o modelo de xestión da formación técnica rexional agraria da rexión de Piura.

Resultados e actividades: 

Resultados e actividades

Resultado 1: Mellorado o tecido organizacional e de incidencia nas políticas públicas de formación tecnolóxica agraria da rexión.

A.1.1 Fortalecemento da mesa de formación técnica rexional de concertación público privada mediante accións de actualización do seu plan de acción e visualización da mesa a nivel rexional.

A.1.2 Conformación dunha rede de centros de formación tecnolóxica agropecuaria.

A.1.3 Fortalecemento da oficina da Dirección Rexional de Educación mediante a súa dotación con medios necesarios para o seu funcionamento e aumento das súas capacidades.

Resultado 2: Adaptada a currícula técnica agropecuaria ó enfoque de desenvolvemento territorial.

A.2.1 Sistematización da información das potencialidades económico produtivas para cada un dos cultivos ou crianzas identificadas, en base á información dispoñible nas diferentes rexións.

A.2.2 Desenvolvemento de estudios de oferta/demanda educativa para as carreiras de produción agropecuaria, produción forestal e administración de negocios agropecuarios con enfoque de desenvolvemento territorial para a serra e a costa.

A.2.3.Talleres de traballo para a adaptación da curricula técnica agropecuaria con enfoque de desenvolvemento territorial con o compoñente de desenvolvemento sostible.

A.2.4 Publicación das currículas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 1.021 persoas, das cales 462 son mulleres e 559 homes.

· 965 mozas/os que estudian carreiras agropecuarias en 14 Centros de Formación Técnica Pública

· 56 docentes de Centros de formación (en serra e costa) de titulacións como Produción Agropecuaria, Administración de negocios agropecuarios e  Administración forestal.

· 14 Centros de Formación Técnica pública do sector económico agrario rural

· Dirección Rexional de Educación de Piura

· Mesa de Formación Técnica Rexional e entidades que a conforman.

Indirecta: Unhas 1.335 persoas, das cales 609 son mulleres e 726 homes.

· 1295 mozas e mozos dos centros de formación seleccionados, pertencentes a outras carreiras dos centros seleccionados.

· 40 docentes de centros de formación técnica doutras carreiras dos centros seleccionados que se benefician coa proposta.

Axudas: 

66.800,00 € (2017: 26.720,00 €; 2018: 40.080,00 €)