Programa de atención á poboación refuxiada e solicitante de asilo en Nairobi, Kenya
Para comprender o fenómeno do desprazamento das persoas refuxiadas a través das fronteiras é preciso ter en conta a situación política dos países da rexión de África do Leste. Dende o inicio da década dos noventa, Kenya recibiu e acolleu a persoas refuxiadas procedentes dos países veciños, así coma provintes da rexión dos Grandes Lagos. Os principais países emisores teñen sido: Somalia, a República Democrática do Congo, Sudán, Etiopía, Rwanda, Burundi, Uganda e Eritrea.
No ano 2011, a fame que asolou ao Corno de África pola peor seca dos últimos 60 anos, causou unha severa crise alimentaria en toda a rexión e, en particular, en Somalia, Etiopía e Kenya, ameazando á subsistencia de máis de 12 millóns de persoas. Ao redor de 800 mil persoas fuxiron das zonas afectadas do sur somalí cara os países veciños, en particular Kenya e Etiopía. Só os tres campos de refuxiados en Dadaab teñen chegado a albergar a máis de 440.000 persoas, cando a súa capacidade máxima estaba fixada en 90.000 unidades.
Dentro destes campos, a mortalidade infantil triplicouse no ano 2011, e en total, a taxa de mortalidade alcanzou a cifra de 7,4 cada dez mil ao día, máis de sete veces a taxa fixada como “emerxencia” de 1 cada dez mil por día. Evidentemente, as condicións de habitabilidade dos campos chegaron a ser extremadamente precarias e a prestación de servizos básicos moi carente. Ademais disto, detectouse un rápido aumento de diferentes episodios de violencia, en particular de violencia sexual sobre mulleres e nenas, elevándose o risco de contaxio do virus HIV/AIDS.
O conxunto destes factores, xunto á case total ausencia de perspectiva de retorno ou relocalización en terceiros países empuxou a moitas persoas refuxiadas e solicitantes de asilo a deixar os campos e dirixirse cara a cidade, na busca de servizos básicos e oportunidades de mellora da súa calidade de vida. Evidentemente, son moitas as persoas que por falta de documentación ou identificación viven nunha situación permanente de tensión e inseguridade por medo ás redadas e aos controis das autoridades. Finalmente, unha grande maioría delas acaban por vivir en barrios marxinais onde os servizos de rede de sumidoiros e acceso a auga son inexistentes e as condicións de habitabilidade moi precarias.
As persoas que viven nestes contextos non só se atopan nun medio descoñecido sen ningún tipo de ingreso e sen poder satisfacer as súas necesidades básicas, senón que carecen tamén de calquera oportunidade de integrarse no mercado laboral e/ou no sistema educativo. Neste sentido, a imposibilidade de poder asegurarse por iniciativa propia as condicións necesarias para levar unha vida digna expón a estas persoas a unha situación de risco permanente.
Servizo Xesuíta ao Refuxiado
Obxectivo Xeral: Promover a integración socio-laboral de refuxiados e refuxiadas urbanos/as e solicitantes de asilo de Nairobi.
Obxectivo Específico: Facilitar a 640 refuxiados e refuxiadas urbanos/as e solicitantes de asilo as condicións básicas para unha vida autónoma digna.
Resultado 1.1. 600 refuxiados, refuxiadas e solicitantes de asilo teñen acceso a alimentos, bens de primeira necesidade e servizos básicos.
Actividades:
A.1.1.1.: Visitas de identificación e seguimento de poboación beneficiaria.
A.1.1.2.: Recepción de listas de persoas beneficiarias de ACNUR e selección.
A.1.1.3.: Adquisición de alimentos.
A.1.1.4.: Almacenamento de alimentos nas seis parroquias.
A.1.1.5.: Distribución de alimentos.
A.1.1.6.: Adquisición de bens non alimenticios.
A.1.1.7.: Distribución de bens non alimenticios.
A.1.1.8.: Derivación de refuxiados/as a servizos médicos competentes.
A.1.1.9.: Asignación de cheques de asistencia financeira.
A.1.1.10.: Distribución e seguimento da utilización cheques.
Resultado 1.2. Ao menos 40 refuxiados, refuxiadas e solicitantes de asilo en Nairobi dispoñen de medios e coñecementos económicos básicos.
Actividades:
A.1.2.1.: Reunións de difusión.
A.1.2.2.: Recepción de solicitudes de participación.
A.1.2.3.: Identificación e selección de participantes.
A.1.2.4.: Entrega de préstamos.
A.1.2.5.: Apoio loxístico na xestión de préstamos.
A.1.2.6.: Avaliación da utilización dos préstamos.
A.1.2.7.: Contratación de facilitadores.
A.1.2.8.: Realización de talleres de formación en xestión.
A.1.2.9.: Avaliación da adquisición e aplicación de coñecemento.
A.1.2.10.: Entrega de certificados de participación a alumnos e alumnas.
Directa: 640 persoas (345 mulleres e nenas, 295 homes e nenos).
49.713,70 (custe total do proxecto 65.916,94)