Programa de educación para o desenvolvemento Voces do Sur. 3ª edición: as redes como medio de transformación social
Con este proxecto pechamos o Proxecto de Educación e Sensibilización para o Desenvolvemento Voces do Sur no que sería a súa 3º edición. Este ano queremos facer unha especial incidencia no traballo de formación e sensibilización sobre as desigualdades entre os países, as causas estruturais da pobreza e alternativas que se están construíndo, dentro do ámbito específico de traballo de AMARANTE Setem.
Si nas dúas edicións anteriores centramos o traballo na creación de materiais de sensibilización e divulgación como documentais audiovisuais e exposicións sobre comercio xusto ou da muller en Marrocos, neste ano ademáis de difundir e ofertar todos estes materias creados e outros doutros proxectos, centraremos o noso traballo en potenciar procesos máis reflexivos e especializados, mellorando e ofertando formación e obradoiros temáticos e asentando procesos participativos, así como o impulso e a necesidade do traballo en rede. Todo isto a través da combinación de materiais didácticos e das novas tecnoloxías non solo audiovisual senón das web 2.0. Cun obxectivo claro aumentar o número de persoas sensibilizadas de cara a construción dunha sociedade máis xusta e equitativa.
Obxetivo xeral: Fomentar os valores da solidariedade entre os pobos e o asociacionismo na sociedade galega para a loita contra as causas estruturais da pobreza.
Obxetivo específico: Acrecentar a formación, o traballo en rede e a construción de alternativas na loita contra a pobreza e as desigualdades que se producen no Norte e no Sur na mocidade galega e a súa difusión a través de novas tecnoloxías e ferramentas web 2.0
ACTIVIDADE 1.1.1. Desenvolvemento do Programa de Educación e sensibilización “Xanela Aberta ao Sur”
ACTIVIDADE 1.1.2. Realización de mínimo 8 obradoiros especializados para asociacións, centros cívicos, concellos, sobre consumo responsable e as causas estruturais da pobreza e alternativas para a súa erradicación
ACTIVIDADE 1.1.3. Elaboración folletos difusión dos centros de recursos e oferta formativa
ACTIVIDADE 1.2.1. Elaboración dun vídeo difusión e sensibilización do Xanela
ACTIVIDADE 1.2.2. Creación de espazos web principalmente a través da creación de redes socias para promover espazos de solidariedade
ACTIVIDADE 1.2.3. Mantemento e actualización Centro de Recursos e da liña editorial PDF na web
ACTIVIDADE 1.3.1. Edición da Publicación nº3 Madeixa: “O traballo en rede como medio de transformación social”
ACTIVIDADE 1.3.2. Constituír a rede galega "Quen debe a Quen" e difundilo seu traballo
ACTIVIDADE 1.3.2. Impulso e participación no Foro Social Galego
ACTIVIDADE 1.3.3. Participación en redes internacionais como "Enlazando Alternativas" e o Encontro europeo de amigos do MST
TOTAL 25.000,00 € (2011: 10.000,00 € - 2012: 15.000,00 €)