PROGRAMA DE EDUCATIVO PARA PRIMARIA E SECUNDARIA SOBRE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE “CONSUMO PARA PEQUENOS CIDADÁNS
null
Poñer a disposición do público infantil e os seus educadores material educativo sobre comercio xusto e consumo responsable.
Informar e formar aos alumnos e profesores de secundaria sobre comercio xusto e consumo responsable, así como ofrecer materiais para o traballo nas aulas. Este obxectivo pretender dar continuidade ao traballo de sensibilización en secundaria que se ven realizando nos últimos 12 anos.
Poñer a disposición dos centros educativos e organizacións sociais unha exposición de cartelería histórica sobre campañas de dereitos humanos, consumo responsable, comercio xusto e outras temáticas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.
null
O público obxectivo é o alumnado e profesorado de educación primaria e secundaria de Galicia, con especial fincapé nos situados na provincia de Lugo e no medio rural.O profesorado considérase un público obxectivo prioritario polo seu papel multiplicador e a posibilidade de realizar un traballo continuado co alumnado.Tendo en conta que nos dous anos anteriores se acadou un público medio de 600 persoas, entre alumnado e profesorado de secundaria, e universitario, plantexamos, para este primeiro ano con primaria e secundaria, chegar a 650 alumnas e alumnos cos seu correspondente profesorado (700 persoas), nas intervencións directas, e poñer os materiais a disposición de 100 centros educativos
14880