Proxectos

PROGRAMA DE FORTALECEMENTO DE ECOS DO SUR: ADAPTACIÓN Á LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

OBXECTIVOS

Fortalecer e manter a ONGD Ecos do Sur, a través da adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), para poder continuar coa labor que se está a levar a cabo na cooperación ao desenvolvemento, e  na integración sociolaboral dos inmigrantes que chegan a Galicia
 

ACCIÓNS

- Designación dun Responsable de Seguridade dos ficheiros que se encargará de controlar e coordinar as medidas de seguridade implantadas na organización no transcurso de todo o proxecto
- Implantación dun servidor que centralice todos os datos e aplicacións da organización
- Cambio das aplicacións da base de datos
- Elaboración do Documento de Seguridade, no que se formalizará por escrito as medidas concretas, tanto técnicas como organizativas, que se adapten na organización para garantir a seguridade da información

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ECOS DO SUR
Axudas: 

12.984 euros