Proxectos

Programa de innovación tecnolóxica agropecuaria e forestal para o desenvolvemento socioeconómico de 9 Comunidades de bosque do val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú, xestionado polas Asociacións de Mujeres. PROGRAMA INNOVA-T SAN LORENZO

O obxecto do presente proxecto é o de fortalecer a 9 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo, co fin de impulsar procesos de desenvolvemento socioeconómico, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, que garantan o exercicio da cidadanía, a xestión ambiental sostible dos bosques e o fomento de emprendementos de innovación tecnolóxica agropecuarios e forestais de alto valor agregado. Este proxecto intégrase na estratexia de desenvolvemento socioeconómico rexional do Valle de San Lorenzo e complementa as accións desenvolvidas desde o ano 2018 por parte da Fundación Galicia Innova, Solivida e Asociación Chira na zona de actuación e pretende pechar o círculo produtivo das familias cunha resposta estratéxica á demanda de formación técnica, innovación tecnolóxica e mellora da economía familiar, tendo en conta a degradación da contorna no que residen estas comunidades (bosque seco) cunha altísima deforestación e a grave situación socio política que está a vivir tanto o país como a rexión.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (rexión)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Centro de Formación e Promoción para o desenvolvemento SOLIVIDA & Asociación Chira para a Formación técnica da conca hidrográfica Catamayo Chira

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Valle de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres.

Específico: Impulsados procesos de desenvolvemento socioeconómico, mediante o fortalecemento de 9 asociacións de mulleres e as súas comunidades, que garantan o exercicio da cidadanía, a xestión ambiental sostible dos bosques e o fomento de emprendementos de innovación tecnolóxica agropecuarios e forestais locais de alto valor agregado.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fortalecidas e empoderadas as organizacións da sociedade civil (Asociacións de mulleres rurais e Solivida) en relación ao seu rol cidadán, ambiental e democrático para diminuír a crise social e política do país e a rexión

A.1.1.1: Accións de capacitación en cidadanía e dereitos humanos

A.1.1.2: Accións de capacitación en democracia e equidade de xénero

A.1.1.3: Accións de sensibilización en relación á sustentabilidade dos bosques.

A.1.1.4: Participación en evento internacional de cidadanía e democracia por parte de Solivida

A.1.1.5: Asesoría por parte da Plataforma Rexional de Mujeres Feministas a Solivida para o lineamiento institucional coas políticas de igualdade de xénero rexionais.

A.1.1.6: Participación na Plataforma Rexional de Mujeres Feministas ou por parte de Solivida e das Asociacións de Mujeres Rurais

RE 1.2: Fomentada a innovación produtiva agropecuaria e forestal, mediante a conformación de promotoras e promotores técnicos comunais.

            A.1.2.1: Realización do material didáctico de formación técnica en formato cartilla

            A.1.2.2: Accións de capacitación en produción de plantas en viveiro.

            A.1.2.3: Accións de capacitación en manexo frutícola forestal

            A.1.2.4: Accións de capacitación en manexo de gando porcino mellorado

            A.1.2.5: Accións de capacitación en abonos orgánicos, foliares e biocidas

            A.1.2.6: Accións de capacitación en crianza e produción de cuyes andinos

            A.1.2.7: Pasantía a experiencias produtivas agropecuarias exitosas
RE 1.3: Mitigado o impacto socioeconómico nas poboacións máis vulnerables (mulleres) das comunidades, mediante o desenvolvemento e fortalecemento de iniciativas tecnolóxicas innovadoras tanto a nivel agropecuario como forestal que permitan atender a seguridade alimentaria e a reactivación económica familiar, así como unha reforestación sostible do bosque

A.1.3.1: Adquisición, implementación e explotación de 6 viveiros para a produción de plantones frutícolas forestais xestionados por asociacións de mulleres.

A.1.3.2: Adquisición, implementación e explotación de 4 módulos de abonos orgánicos sólidos e líquidos xestionados por asociacións de mulleres.

A.1.3.3: Desenvolvemento de 1 xornada de reforestación do bosque en cada unha das comunidades.

A.1.3.4: Adquisición, implementación e explotación de 7 módulos de gando porcino xestionado por asociacións de mulleres

A.1.3.5: Adquisición, implementación e explotación de 54 módulos de cuyes andinos de raza Perú xestionados por asociacións de mulleres

A.1.3.6: Taller para a elaboración do Plan de negocio e comercialización de cada un dos emprendementos (plantones frutícolas, abonos orgánicos e biocidas sólidos e líquidos, gando porcino mellorado e cuyes)

A.1.3.7: Accións de difusión do proxecto: Vídeo para RRSS

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.103 (225 homes; 543 mulleres; 167 nenos; 168 nenas)

Indirecta: 3.3731 (715 homes; 1.315 mulleres; 800 nenos; 901 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 184.100€ (73.640€ en 2023 e 110.460€ en 2024)