Programa de reactivación económica familiar, social, de saúde comunitaria e organizativa de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú
Este proxecto busca fortalecer un total de 8 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo (Distrito de Tambogrande e Las Lombas), co fin de mellorar a situación organizativa, da saúde, socioeconómica e de xestión produtiva destas comunidades para afrontar a emerxencia da Covid-19 e futuras crises sanitarias, mediante 1) o apoio de maneira coordinada dos gobernos locais e as comunidades, 2) garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e á alimentación, 3) mitigando o impacto socioeconómico, reactivando a economía familiar e mellorando a produción e comercialización de produtos ecolóxicos do bosque, con impacto favorable na sustentabilidade ambiental e prevención de desastres, co obxecto de atender a crise alimentaria existente, con especial incidencia nas mulleres e 4) fortalecendo e apoiando a organización das comunidades e a asociatividade das mulleres destas comunidades
Centro de Formación y Promoción para el desarrollo SOLIVIDA
Xeral: Mellora da situación de desenvolvemento económico, social, de saúde, organizativo e de planificación territorial das Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, de Piura (Perú)
Específico: Fortalecidas as capacidades organizativas, de saúde comunitaria e de xestión produtiva de 8 comunidades de bosque do val de San Lorenzo na rexión de Piura (Perú), co liderado de mulleres, apoiando a coordinación entre os servizos públicos de saúde e as comunidades, garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e á alimentación e mitigando o impacto socioeconómico, mediante a reactivación da economía familiar, mellorando a produción e comercialización, co obxecto de afrontar a emerxencia sanitaria e atender a crise alimentaria derivada, con especial incidencia nas mulleres, mediante a promoción de iniciativas sostibles e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e aseguramento alimentario; no marco de políticas públicas locais de desenvolvemento económico, ambientais e de planificación ordenada do territorio para a xestión de riscos, mitigación e adaptación ao cambio climático.
RE 1.1. Organizadas e fortalecidas 8 comunidades de bosque para a xestión sostible do territorio e as asociacións de mulleres integrantes
A.1.1.1 Capacitación a líderes das 8 comunidades e das 6 asociacións de mulleres destas comunidades para a xestión do bosque con enfoque de xénero, en organización asociativa, dereitos humanos e liderado e desenvolvemento persoal e social.
A.1.1.2 Plan de manexo do bosque para as comunidades de cada municipalidade (2 plans) con enfoque de xénero.
A.1.1.3 Cartilla en manexo sostible e produtivo do bosque seco.
A 1.1.4 Apoio na conformación de asociacións de mulleres.
RE 1.2 Plan de saúde comunitaria articulado aos Servizos de Saúde Pública
A.1.2.1 Sensibilización ás comunidades fronte á pandemia
A.1.2.2 Talleres de elaboración do Plan de Saúde das Comunidades
A.1.2.3 Capacitación a promotores de saúde.
A.1.2.4 Deseño e elaboración de cartilla de saúde comunitaria.
A.1.2.5 Fortalecemento das comunidades a nivel saúde comunitaria.
RE 1.3 Desenvolvidas iniciativas comunitarias de articulación institucional e incidencia en instancias do estado para a promoción dos dereitos da muller e a economía solidaria.
A.1.3.1 Organización dun encontro de mulleres das comunidades de bosque do proxecto con comunidades de proxectos PROGEBOSQUE I E II
A.1.3.2 Difusión de mensaxes informativas e de sensibilización en relación ao rol da muller como xestora de procesos produtivos e economía solidaria.
A.1.3.3 Articulación das mulleres como xestoras de procesos produtivos e líderes comunais, con entidades públicas (goberno local) en dous espazos de concertación.
RE 1.4 Mitigado o impacto socioeconómico nas poboacións máis vulnerables (mulleres) das comunidades, mediante o desenvolvemento e fortalecemento de iniciativas para atender á crise alimentaria e á reactivación económica familiar.
A.1.4.1 Adquisición e implantación de módulos avícolas liderados por mulleres
A.1.4.2 Talleres de capacitación en crianza e comercialización de produtos derivados das aves.
A.1.4.3 Fortalecemento das asociacións de mulleres para a implantación de módulos produtivos do bosque
A.1.4.4 Capacitación técnica especializada a mulleres das asociacións nos emprendementos de bosque.
A.1.4.5 Talleres de plan de negocio e comercialización de produtos alimenticios do bosque procesados.
A.1.4.6 Promoción de produtos do bosque en radio local.
Directa: 1.300 persoas, das cales 388 son homes, 386 son mulleres, 263 nenos e 263 nenas
Indirecta: 1.350 persoas, das cales 690 son homes e 660 son mulleres
Axuda Xunta de Galicia:
175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)