Proxectos

PROGRAMA DE REDUCIÓN DA VULNERABILIDADE EN ÁREAS RURAIS EMPOBRECIDAS DO MUNICIPIO DE MARCOVIA (HONDURAS)

Co programa preténdese xestionar o recurso hídrico, e os recursos naturais en xeral, de forma integral e sustentable no municipio de Marcovia

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Programas Exterior
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Marcovia (municipio)
Choluteca (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

Alcaldía de Marcovia
ONG Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca

Código CRS: 
140 - Abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos: 

Xeral:
Usar os recursos do territorio de xeito sustentable e con enfoque de bacia pola poboación do municipio de Marcovia, en correspondencia coas políticas e normas vixentes no país, de cara á mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
Obxectivos específicos:
1. Aumentar a capacidade dos actores do municipio de Marcovia para a ordenación e planificación do territorio baixo un enfoque de cunca e utilizando procesos participativos de decisión.
2. Mellorar a xestión do recurso hídrico de xeito sostible en Marcovia.
3. Aumentar a difusión da tecnoloxía apropiada e modelos de xestión sostible dos recursos naturais no medio rural

Resultados e actividades: 

- Mellora dos instrumentos de xestión.
- Presentación do Plan de xestión integral do recurso hídrico (PXIRH) ás comunidades e institucións que traballan na zona.
- Capacitacións sobre o dereito humano á auga.
- Obtención de información sobre a poboación e posta en común nas comunidades.
- Redacción e entrega de informes ás comunidades e institucións locais.
- Posta en común coas comunidades do avance no proceso do PXIRH.
- Fortalecemento da cohesión entre as Xuntas de Auga en Marcovia.
- Campañas de educación ambiental.
- Monitoreo da calidade da auga.
- Posta en común coas comunidades do avance no proceso do PXIRH.
- Comprobación dos requisitos previos.
- Capacitacións en auga, saúde e residuos.
- Deseño e construción de infraestruturas de abastecemento e saneamento.
- Reforestación e protección das zonas de recarga de pozos e mananciais.
- Capacitación sobre lexislación existente relativa á auga dirixida a comunidades beneficiarias e institucións locais.
- Capacitación en xestión da auga á Unidade Técnica Municipal.
- Campañas de sensibilización sobre a calidade da auga dirixidas a agroindustrias.
- Difusión e intercambio no norte e no sur das actividades do programa.
- Difusión no norte das actividades do programa.
- Organización de foros de debate nacionais e internacionais en torno á xestión da auga.
- Asistencia a foros de debate en torno á xestión da auga.
- Talleres sobre a relación auga-saúde incidindo en saneamento, hábitos hixiénicos básicos, residuos sólidos e xestión agropecuaria.
- Talleres sobre a relación auga-saúde dirixidos a escolares menores de 6 anos.
- Talleres sobre xénero e aspectos sociais.
- Talleres sobre xénero focalizados na poboación masculina, feminina e infantil.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Nos tres anos do programa, ESF incidirá na totalidade das comunidades rurais do municipio, realizando o Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (PXIRH) para unha poboación estimada de 21.034 persoas das que 10.647 son homes e 10.387 son mulleres. De toda a poboación directa unhas 62 familias serán beneficiadas con proxectos de abastecemento e saneamento de auga.
Considéranse como beneficiarios directos tamén todas aquelas institucións que participan nos talleres internacionais.
Indirecta: A poboación urbana do municipio pois un reforzo nos organismos locais e na xestión que estes fan dos recursos hídricos benefíciaos indirectamente.

Axudas: 

349.708,60 Euros (2009: 104.912,58 €, 2010: 104.912,58 €, 2011: 69.941,72 €, 2012: 69.941,72 €)