Proxectos

Programa de rehabilitación psico-social para poboación refuxiada en Maban, Sudán del Sur

 A rexión de Maban estivo golpeada polos combates durante a guerra de independencia e segue sufrindo as consecuencias do conflito. Os combates produciron un gran número de vítimas civís e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira. O estado Upper Nile está a ser afectado polo conflito interno que estalou en decembro deixando máis de 900.000 persoas desprazadas forzosamente e case 250.000 refuxiadas en países veciños. As condicións de vida nos campos son precarias por escaseza de infraestruturas e servizos; por inundacións; falta de alimentos, auga potable, medicamentos, condicións hixiénicas salubres; e a elas súmanse problemáticas psico-sociais provocadas polo trauma da guerra, o desprazamento, e a separación e a perda violenta de familiares. Non existen servizos/organizacións que axuden á poboación para recuperarse dos traumas sufridos, por isto, a integrade psico-física da poboación está en risco.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
SUDÁN DO SUR
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Servicio Jesuita al Refugiado
 

Código CRS: 
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á convivencia pacifica e ao benestar comunitario da poboación refuxiada en Maban.
Obxectivo Específico: Polo menos 350 refuxiados/as (170H e 180M) do campo de Doro en Maban melloran as súas condicións psico-sociais.

Resultados e actividades: 

 
Resultado 1.1: 350 refuxiados/as (135H-165M) reciben apoio psico-social.

Actividades
A1.1.1. Talleres de formación en asesoría psicosocial básica
A1.1.2. Sesións de asesoría psicosocial individual
A1.1.3. Talleres prevención e rehabilitación de abuso de sustancias
A1.1.4. Terapia de grupo para rehabilitación de abuso de sustancias
A1.1.5. Campaña de sensibilización sobre os riscos de abuso de sustancias

Resultado 1.2: 200 refuxiados/as (120H/80M) adquiren capacidades sociais e culturais que facilitan a súa rehabilitación.
Actividades
A1.2.1. Talleres de capacitación en música, bailes e teatros
A1.2.2. Talleres de produción de instrumentos musicais
A1.2.4. Eventos mensuais de promoción de talentos
A1.2.3. Representación escénicas comunitarias de concienciación

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 350 persoas rufuxiadas no campo de Doro en Maban, cales 180 son mulleres e 170 homes.
Indirecta: Un total de 48.325 persoas, das cales 24.517 son mulleres e 23.808 homes.

Axudas: 

68.288 € (2014)