Proxectos

PROGRAMA INTEGRAL DE MELLORAMENTO DO BARRIO SANTA LUCÍA/ LA MOSCA. FORTALECEMENTO DAS ORGANIZACIÓNS DA SOCIEDADE CIVIL (FIOSC) SEGUNDA FASE DE EXECUCIÓN

O Programa de fortalecemento institucional das organizacións da sociedade civil (FIOSC), forma parte do Programa integral de melloramento do barrio Santa Lucía/La Mosca da cidade de Santiago de los Caballeros, República Dominicana. Este programa execútase no marco dun convenio de cooperación entre o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia
Período de execución: abril 2009 - decembro 2010

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Mellorar as condicións de vida de 489 familias que residen no barrio Santa Lucía/IDL
Contribuír ao fortalecemento das organizacións da sociedade civil do barrio Santa Lucía - La Mosca de Santiago, institucionalizándoas e empoderándoas para a xestión do seu desenvolvemento

Resultados e actividades: 

• Realización de catro encontros de avaliación dos plans operativos.
• Realización de tres talleres para a formulación dos plans operativos do 2010, destinado aos directivos das organizacións de Santa Lucía.
• Revisión dos estatutos de s de Rafey e incorporación legal da entidade.
• Espazos mensuais de discusión para a definición das políticas de desenvolvemento do barrio a través da Mesa de Diálogo.
• Realización de dous talleres de capacitación dirixidos a mozos e buzos sobre liderado democrático.
• Realización dun curso taller sobre condución grupal no que participen membros de todas as entidades do barrio.
• Realización de dous talleres sobre expresión corporal, manexo escénico e dinámica de animación grupal en coordinación co grupo de mozos.
• Un encontro de debate sobre a responsabilidade social e política dos mozos ao que serán invitadas entidades xuvenís da provincia.
• Formulación e presentación de proxectos ao Fondo para o fortalecemento institucional das organizacións comunitarias de Santa Lucía/ Mosca.La Mosca.
• Creación do Consello do Presuposto Municipal Participativo de Santa Lucía en tres consultas comunitarias abertas ao barrio para os anos 2009 e 2010.
• Realización dun curso para 40 participantes sobre Participación, Transparencia e Democracia Directa.
• Presentación de 4 proxectos de desenvolvemento ao Fondo concursable do Concello de Santiago para os períodos orzamentarios 2009 e 2010.
• Contratación dun cientista social para a elaboración dunha Axenda de Desenvolvemento do barrio Santa Lucía/ La Mosca.
• Realización de tres foros de discusión e formulación da Axenda de Desenvolvemento do barrio Santa Lucía/ La Mosca.
• Publicación e presentación da Axenda de Desenvolvemento do barrio Santa Lucía/ La Mosca.
• Elaboración dun documento para a transversalización da política de xénero no Programa Integral de Melloramento do Barrio Santa Lucía/La Mosca
• Realización dun curso sobre os dereitos das mulleres contidos na lexislación nacional e as convencións internacionais.
• Celebración dun encontro de mulleres para definir as prioridades do sector a ser incorporadas na Axenda de Desenvolvemento do barrio Santa Lucía/La Mosca.
• Realización de dous encontros en Santa Lucía/La Mosca para coordinar acciones conjuntas entre a Secretaría de Estado de la Mujer e os grupos de mulleres do barrio
• Contratación dunha consultoría para a realización dun levantamento sobre as manifestacións culturais no barrio Santa Lucía/La Mosca.
• Realización dun festival cultural o que contará coa coordinación do grupo de mozos de Santa Lucía/La Mosca no que se expoñerán as manifestacións culturais do barrio.
• Realización de tres encontros entre as organizacións de Santa Lucía/ La Mosca e a igrexa católica da comunidade para a celebración das festas patronais dos anos 2009 e 2010
• Realización dun taller de animación cultural dirixido aos membros do grupo de mozos/as co fin de que os participantes poidan iniciarse na formación cultural e contribuír ao fortalecemento da identidade barrial.
• Publicación de 4 boletíns para visibilizar as actividades que se executan no marco do Programa integral de melloramento do barrio Santa Lucía/La Mosca.
• Publicación de 14 edicións da folla Santa Lucía Informa a ser distribuídas no barrio coas actividades puntuais do programa.
• Elaboración dun arquivo documental fotográfico e videográfico do Programa integral, integrando o fortalecemento da sociedade civil.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 489 familias que viven no barrio de Santa Lucía-La Mosca, integradas por un total de 2,445 persoas aproximadamente. Tamén son beneficiarios directos unhas 466 persoas que traballan como recicladoras de residuos (mergulladores) no vertedoiro de Rafey.
Indirecta: poboación residente en barrios próximos a Santa Lucía-La Mosca, todas as organizacións sociais da cidade de Santiago dos Cabaleiros e as instancias do Concello Municipal que participan no programa
 

Axudas: 

112598