Proxectos

PROGRAMA PILOTO DE DESENVOLVEMENTO DA MELLORA PRODUTIVA E EN INOCUIDADE ALIMENTARIA DAS COOPERATIVAS AGRÍCOLAS NA REPÚBLICA DE CUBA

O programa contribuirá ao aumento dos ingresos dos pequenos agricultores do municipio de Guanabacoa, actuando sobre a desigualdade de oportunidades de desenvolvemento económico das mulleres, e a fortalecer a seguridade alimentaria da poboación cubana

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
Guanabacoa (municipio)
Ciudad de la Habana (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Asociación Nacional de Agricultores Pequenos (ANAP)

Código CRS: 
31120 - Desenvolvemento agrario
31194 - Cooperativas agrícolas
Obxectivos: 

Mellorar as colleitas dos pequenos agricultores da cooperativa piloto de Guanabacoa

Resultados e actividades: 

- Conformación do Consello Técnico "programa PIA" en Cuba.
- Análise da situación de partida
- Plan de actuación na cooperativo piloto
- Dotación de medios e infraestruturas para a mellora produtiva e mellora en inocuidade alimentaria
- Motivación para a participación

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3.046 persoas (881 mulleres)

Axudas: 

44883