Proxectos

Programa Vacacións en Paz 2017

As vacacións en paz preséntanse como una forma de ofrecer aos nenos/as saharauis, nados no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida; de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí. O programa ten unha duración aproximada de dous meses.

Estes nenos/as naceron nos campamentos de refuxiados/as saharauís situados dende fai máis de 41 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-Saharauí; é dicir, son fillos/as dos Saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975.

A vida destes neno/as, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias que o resto da poboación saharauí, privada do máis elemental, sobrevivindo dificilmente grazas á axuda internacional. 

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
ALXERIA
Zona de actuación: 
Tindouf
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Trasladar a nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

Obxectivos Específicos:

a) Reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauís a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven.

b) Facilitar asistencia médica e de alimentación.

c) Promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade.

d) Perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares.

e) Ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre.

f) Evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º).

Resultados e actividades: 

Actividade 1: Procura de familias acolledoras

Actividade 2: Selección das familias

Actividade 3: Confección de listas definitivas. Asignación dos/as menores as familias.

Actividade 4: Solicitudes administrativas

Actividade 5: Revisións sanitarias

Actividade 6: Encontro de nenos e nenas saharauis da comunidade de Galicia

Poboación beneficiaria: 

Directa: 169 menores, unhas 86 nenas e uns 83 nenos

Axudas: 

150.000,00 €