Promoción da autonomía económica das mulleres para a redución das brechas de xénero nos distritos de Morropón e Veintiséis de Octubre na rexión Piura, en liña cos ODS 5 e 8
O proxecto busca reducir as brechas de xénero en Morropón e Veintiséis de Octubre mediante o empoderamento económico de 80 mulleres das redes de apoio. Continúa unha fase previa fortalecendo as súas habilidades persoais, técnicas e emprendedoras para crear ou mellorar os seus negocios. Tamén promove a autonomía económica como vía para romper o ciclo de violencia de xénero. Ademais, inclúe accións de sensibilización en novas masculinidades e corresponsabilidade dirixidas a homes, líderes e familias.
Instituto Teleducativo los Tallanes - INTELTA
Xeral: Contribuír á redución das brechas de xénero contra as mulleres nos distritos de Morropón e Veintiséis de Octubre (VO) en liña cos ODS 5 e 8
Específico: Fortalecer a autonomía económica de 80 mulleres das Redes de Soporte e Acompañamento dos distritos Morropón e VO (Piura, Perú) a través do empoderamento individual e colectivo con enfoque comunitario para a redución das brechas de xénero.
RE 1.1. Fortalecidas as capacidades de sanación individual e as capacidades de fortalecemento organizacional das mulleres integrantes das redes de apoio de Morropón e VO (Veintiséis de Octubre).
A 1.1.1: Programa de acompañamento individual a 80 mulleres, por 2 asesorías de 2 horas cada unha ou segundo se requira.
A 1.1.2: Elaboración dun programa de capacitación en fortalecemento organizacional dirixido a 80 mulleres integrantes das redes de apoio e acompañamento de Morropón e VO.
A 1.1.3: Execución do programa de capacitación en fortalecemento organizacional dirixido a 80 mulleres integrantes das redes de apoio e acompañamento de Morropón e VO.
A 1.1.4: 2 Asesorías técnicas ás xuntas directivas para a elaboración e 1 para a socialización e presentación das súas propostas de fortalecemento organizacional e propostas de incidencia na redución de brechas de xénero.
A 1.1.5: Encontro rexional para o intercambio de experiencias de incidencia e funcionamento das redes de Morropón, VO, Chulucanas e La Matanza.
A 1.1.6: Sistematización, deseño, publicación e difusión da estratexia das redes de mulleres para o apoio e acompañamento a vítimas de violencia do ámbito de intervención de Cutivalú.
RE 1.2. Fortalecidas as capacidades de emprendemento e de xestión de negocios de 80 mulleres integrantes das redes de apoio distritais dos distritos de Morropón e VO (Veintiséis de Octubre) para a súa autonomía económica e toma de decisións.
A 1.2.1: Deseño dun programa de mentoría de 4 sesións de 20 mulleres das redes de Chulucanas, La Matanza e mulleres emprendedoras galegas a 60 mulleres de Morropón e VO respecto do proceso de empoderamento económico e posta en marcha dos seus negocios.
A 1.2.2: Execución dun programa de mentoría de 4 sesións a 20 mulleres das redes de Chulucanas, La Matanza e mulleres emprendedoras galegas a 60 mulleres de Morropón e VO respecto do proceso de empoderamento económico e posta en marcha dos seus negocios.
A 1.2.3: Elaboración e execución dun programa de capacitación en habilidades brandas e duras, que consiste en 6 sesións de aprendizaxe a 80 mulleres.
A 1.2.4: Programa de capacitación técnica en emprendemento para a elaboración dos seus plans de negocio e posta en marcha dos seus negocios. Consiste en 9 talleres e 3 asesorías grupais.
A 1.2.5: Organización e execución de 2 xornadas distritais para a presentación e selección de plans de negocio e acceso a 20 capital semilla.
A 1.2.6: Pasantía para 13 persoas a emprendementos exitosos de mulleres doutras rexións do país.
A 1.2.7: Programa de capacitación e asesoría consistente en 3 talleres e 2 asesorías para a formalización dos seus negocios.
A 1.2.8: Encontro rexional de 80 mulleres emprendedoras das redes de apoio e acompañamento a vítimas VO, Morropón, Chulucanas e La Matanza.
RE 1.3. Poboación de Morropón e Veintiséis de Octubre informada e sensibilizada na importancia da autonomía económica das mulleres para a redución da violencia.
A 1.3.1: Elaboración e validación polo público obxectivo do proxecto dunha estratexia comunicacional.
A 1.3.2: Programa de información e sensibilización respecto de masculinidades diversas a 60 homes familiares das mulleres integrantes das redes de apoio de Morropón e VO, así como líderes ou autoridades do distrito para promover a corresponsabilidade familiar e o apoio ás mulleres na súa loita común pola igualdade.
A 1.3.3: Un encontro distrital dos homes informados e sensibilizados coas mulleres de cada rede para intercambiar experiencias e fortalecer a interacción familiar e comunitaria.
A 1.3.4: Programa de información e sensibilización a 200 estudantes de nivel secundaria de 2 II.EE dos distritos de Morropón e VO, respecto da promoción dunha convivencia democrática entre mulleres e homes na escola, familia e comunidade.
A 1.3.5: Dúas expofeiras distritais ao ano para a difusión do proxecto e a venda de produtos segundo os seus emprendementos.
A 1.3.6: 60 programas educativos multiplataforma para poñer en axenda pública as brechas que afectan ás mulleres, os seus dereitos laborais e económicos con presenza de especialistas, autoridades, funcionariado e mulleres das Redes.
Directa: 460 (260 mulleres/nenas, 200 homes/nenos)
Indirecta: 16.080 (8.050 mulleres, 8.030 homes)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.350,00 € en 2026)