Proxectos

PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA PARA O MELLORAMENTO DA CALIDADE DE VIDA DA POBOACIÓN DA MICRO BACÍA SAN PEDRO, ALTOS DE FRÍAS-PIURA

Este proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral da educación das comunidades do distrito de Frías. Para o que se articulará a escola pública coas familias e as asociacións locais, para xerar modelos de desenvolvemento acordes co medio dende a educación ambiental. A proposta abrangue o espazo xeográfico, ecolóxico e sociocultural da micro bacía de San Pedro.
Articularanse 20 escolas na Red Educativa Rural da micro conca de San Pedro para a xeración de sinerxías e optimización dos seus recursos e fortalecerase a súa capacidade de xestión con infraestrutura e equipamento a través da creación dun Centro de Capacitación Comunal, que favorecerá a súa cobertura, calidade pedagóxica e acceso ás novas tecnoloxías.
O programa de formación ambiental promoverá a formación e certificación de 40 promotores e promotoras ambientais comunais articulados ás roldas campesiñas en temáticas ambientais, agroecolóxicas e de xestión sustentable dos recursos naturais do distrito de Altos de Frías.
Período de execución: xuño 2010 - outubro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Ayacaba (provincia)
Axentes: 
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Chira para la Formación Técnica - Cuenca Hidrográfica Catamayo Chira

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
11220 - Educación primaria
11320 - Educación secundaria
Obxectivos: 

Contribuír ao desenvolvemento integral da educación ambiental comunitaria da micro conca de San Pedro

Resultados e actividades: 

• Realización de propostas de fortalecemento de Red Educativa Rural da micro conca de San Pedro e realización dun encontro da rede
• Elaboración e validación dunha proposta participativa de diversificación curricular no eixe ambiental
• Implementación participativa dun proxecto educativo ambiental nas 20 escolas saudables
• Organización do Comité de Xestión do Centro de Capacitación Comunal de México. Construción e equipamento do centro
• Realización dun diagnóstico sobre a situación dos recursos naturais e un estudo participativo sobre técnicas agroecolóxicas ancestrais na micro conca
• Elaboración dun inventario de plantas nativas da micro conca
• Elaboración de 4 cartillas técnicas agroecolóxicas para a formación de promotores/as ambientais comunais
• Creación e realización de material educativo
• Deseño e execución dun programa de formación en protección, conservación e xestión sostible dos recursos naturais e produtivos da micro conca
• Instalación de 5 proxectos produtivos agroecolóxicos a cargo dos promotores e promotoras ambientais comunais. Organización dos seus comités de xestión.
• Formalización da colaboración entre as distintas institucións do programa
• Deseño e execución dun plan de monitorización e avaliación do programa e dun plan de comunicación social con enfoque ambiental
• Elaboración de documento de sistematización participativa da experiencia

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1294 alumnos e alumnas das 20 escolas de inicial, primaria e secundaria, os seus 48 docentes, os pais e nais de familia dos alumnos, 40 líderes comunais do distritos de Alto de Frías, Municipalidad de Alto de Frías, funcionarios/as de Dirección Regional de Educación de Piura, da UGEL de Chulucanas e REL de Altos de Frías e roldas campesiñas e central de Rondas de Alto de Frías
Indirecta: 23.799 habitantes da poboación do distrito de Altos de Frías

Axudas: 

175.000€ (2010: 87.500€ - 2011: 87.500€)