PROMOCIÓN DA FORMACIÓN E INSERCIÓN SOCIO-PROFESIONAL ENTRE OS E AS MENORES E NOVOS VULNERABLES DO BARRIO DE SAFENDE
Contribuír a mellorar as alternativas de obtención de ingresos entre os/as mozos de 16 a 25 anos do barrio periférico de Safende
Associaçao para a Solidaridade e Desenvolvimento Zé Moniz (AZM)
Impulsar o desenvolvemento de actividades xeradoras de ingresos entre os e as mozas do barrio de Safende
- Formación artesanal en obxectos de coiro (sandalias, bolsos, carpetas, cintos, etc.) para 20 mozos.
- Formación artesanal en bixutería con sementes e materiais ecolóxicos e biodegradables para 20 mozos.
- Formación artesanal en obxectos creados con papel reciclado para 20 mozos.
- Formación en xestión de pequenos negocios e acceso ás microfinanzas, para 20 alumnos de artesanía en coiro.
- Formación en xestión de pequenos negocios e acceso ás microfinanzas, para 20 alumnos de artesanía en obxectos creados con papel reciclado.
- Formación en xestión de pequenos negocios e acceso ás microfinanzas para 20 mozos interesados do barrio de Safende.
- Establecer acordos con centros de formación profesional e emprego para encamiñar aos mozos asiduos ao centro.
Poboación beneficiaria directa: De xeito directo vanse beneficiar 80 mozos do barrio de Safende.
Poboación beneficiaria indirecta: As familias dos mozos.
24393,62