Promoción da SAN (seguridade alimentaria e nutricional) de MEF (mulleres en idade fértil) e nenas/os menores de 5 anos para contribuír ao progreso social, sustentable, inclusivo, equitativo e de igualdade nun contexto afectado polo impacto da COVID 19 no municipio de San Miguel Acatán
A proposta pretende mellorar as condicións de saúde e estado nutricional de mulleres e nenos/as menores de 5 anos en dez comunidades de San Miguel Acatán (Huehuetenango). Considérase o enfoque multidimensional da problemática e plantéxase a abordaxe integral das áreas estratéxicas identificadas, sobre as que se sustenta o cambio na situación de inseguridade alimentaria e nutricional. A proposta contribúe ao fortalecemento de Dereitos Económicos Sociais Culturais e Ambientais (DESCA) e a recuperación do impacto da morbimortalidade por COVID19 entre a poboación vulnerable de MEF (mulleres en idade fértil); 478 nenas e 432 nenos entre 0 e 5 anos de 10 comunidades rurais. A zona foi seleccionada baseándose en criterios de: a) Elevadas taxas de pobreza e vulnerabilidade nutricional; b) Existencia de estruturas deficitarias de saúde; c) Exclusión dos sistemas de protección social por cuestións tanto sociais como económicas; d) Débiles estruturas comunitarias para poder facer fronte á vulneración dos DESCA. A lóxica de intervención baséase en 4 eixos: a) Apropiación de mulleres/homes con fillos/as menores de 5 anos de prácticas clave da SAN; b) Fortalecemento de capacidades comunitarias en saúde; c) Apoio ao sistema de saúde institucional; d) Avances na superación da división sexual do traballo.
Asociación de Servicios Comunitarios de salud (ASECSA)
Xeral:
Contribuír, no contexto da Pandemia por COVID-19, a aumentar o acceso e uso equitativo de servicios de saúde de calidade, que permitan facer efectivo o dereito humano á saúde e alimentación de mulleres, nenas e nenos maia Acatecos en San Miguel Acatán, Huehuetenango.
Específico:
Promoción da SAN (seguridade alimentaria e nutricional) de MEF y nenas/os menores de 5 anos para contribuír ao progreso social, sustentable, inclusivo, equitativo e de igualdade nun contexto afectado polo impacto da COVID 19 no municipio de San Miguel Acatán
R.1. Fortalecida a capacidade e motivación no fogar e o liderazgo comunitario, para a adopción de comportamentos e prácticas prioritarias de saúde e de nutrición da familia (nai-neno).
A.1.1. Implementar consellería domiciliar e grupal para o cambio social e de comportamento, mediante o uso de ferramentas innovadoras de comunicación e educación
A.1.2. Implementar campaña de comunicación mediante medios e redes sociais
A.1.3. Fortalecer ás Comisións de Saúde das 10 comunidades para aumentar o seu protagonismo na mellora da saúde e nutrición materna e infantil
A.1.4. Realización de feiras nutricionais de monitoreo e seguimento de peso e talle, con mulleres embarazadas, nenas e nenos menores de 5 anos da zona de intervención do proxecto
R.2. Fortalecida a capacidade das estruturas sanitarias e os seus provedores de servizo para recuperar a atención a mulleres embarazadas, nenas y nenos de 0 a 5 anos de idade, baseada no trato respetuoso e contextualizada á pandemia por COVID-19.
A.2.1. Equipamiento básico para a atención nutricional, saúde materna e de enfermidades prevalentes na infancia
A.2.2. Provisión de 1 suministro de insumos básicos e medicamentos esenciais para a saúde materna, as enfermidades prevalentes na infancia e a desnutrición infantil nos servizos de saúde da área de intervención
A.2.3. Implementación de Diplomado en Nutrición Materno Infantil para persoal do MSPAS da área de intervención
A.2.4. Realización de formación continua e equipamento das Comadronas de San Miguel Acatán para o fortalecemento das súas accións en saúde e nutrición
R.3. Familias con vulnerabilidade nutricional diversificaron a súa produción de cultivos e crianzas, aplicando prácticas agropecuarias adecuadas e oportunas, priorizando dispoñibilidade de alimentos para o autoconsumo con equidade de xénero e pertinencia cultural.
A.3.1. Realización dun diagnóstico participativo de vulnerabilidade nutricional en fogares con nenas e nenos menores de 2 anos
A.3.2. Formalización dos termos do apoio á produción agrícola de 40 fogares con nenas e nenos de 0-2 anos en situación de risco nutricional
A.3.3. Realización de 5 capacitacións para a diversificación e mellora da produción agrícola
A.3.3.1. Realización de 1 capacitación dirixida á realización de aboneiras e entrega de insumos
A.3.3.2. Realización de 1 capacitación dirixida á preparación e conservación de solos e entrega de insumos
A.3.3.3. Realización de 1 capacitación dirixida á produción de hortas familiares e entrega de insumos
A.3.3.4. Realización de 1 capacitación dirixida ao cultivo de árbores frutais e entrega de insumos
A.3.3.5. Realización de 1 capacitación dirixida á instalación de sistemas de rega tradicionais e entrega de insumos
A.3.4. Acompañamento e asistencia técnica ao proceso de produción das hortas (polo menos, unha visita cada dous meses a cada horta)
A.3.5. Realización de 2 talleres de receitas de cociña con elevado valor nutricional, elaboradas a partir de alimentos localmente accesibles e culturalmente apropiados
A.3.6. Realización de 1 taller centrado en ferramentas para a distribución equitativa de alimentos en función do sexo e do ciclo vital
Directa: 7.931 persoas (3.484 homes, 3.537 mulleres, 432 nenos e 478 nenas) que se dividen entre: poboación de dez comunidades rurais do territorio VII do Municipio de San Miguel de Acatán, seleccionadas pola súa maior vulnerabilidade cara á desnutrición crónica e a alta frecuencia de mortes maternas; e actores comunitarios de saúde.
Indirecta: 12.495 persoas (2.524 homes, 6.258 mulleres, 1.589 nenos e 2.124 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)