Promoción da saúde dos nenos e nenas de 0 a 5 anos do Distrito II de Managua, A Chureca. Nicaragua
O presente proxecto pretende fortalecer e mellorar o nivel formativo e asistencial do persoal de enfermería do Distrito II de Managua, en especial do C/S Policlínico Francisco Morazán no campo da promoción da saúde na nenez con énfase no campo educativo nutricional a través dun proceso de capacitación completo por parte de persoal experto expatriado e local. O proxecto tamén ten como finalidade a creación dunhas brigadas nutricionais de enfermería a través da dotación de equipamento básico que permita a captación de nenos en perigo de desnutrición aguda ou crónica nos contextos máis desfavorecidos do distrito II,para referilos ao centro de atención primaria ou hospitalaria segundo corresponda.
A educación sanitaria en seguridade nutricional por parte do persoal de enfermería permitirá incidir nunha mellora da situación nutricional e, de forma consecuente, nun descenso na morbi-mortalidade infantil da zona; así como se impulsará unha mellora global da situación nutricional para o resto da familia nuclear do neno. As brigadas nutricionais permitirían, por unha banda realizar un diagnóstico real da situación de desnutrición do distrito II, e tamén a captación de nenos e nenas para acceder ao Programa de Vacinación e de Vixilancia e Promoción do Crecemento e Desenvolvemento do neno do MINSA, tanto nas zonas máis inaccesibles e vulnerables como no resto dos barrios do distrito II.
Dirección Nacional de Enfermería de Nicaragua. Dirección Xeral de Servizos de Saúde. Ministerio de Saúde de Nicaragua.
Obxectivo Xeral: Diminución da morbi-mortalidade infantil no Distrito II de Managua, Nicaragua.
Obxectivos Específico: Promoción da Saúde dos nenos e nenas de 0 a 5 anos do Distrito II de Managua, A Chureca. Nicaragua.
Resultado 1.1.: Desenvolvemento e implementación dun Programa de Formación Continuada para persoal de enfermería e brigadistas de saúde do Distrito II de Managua sobre a Atención ao neno de 0 a 5 anos, con énfases en detección, prevención e abordaxe da desnutrición infantil.
Actividades:
A.1.1.1.: Realizar identificación de necesidades formativas en relación á atención do neno e a nena nas unidades diana e análise dos datos epidemiolóxicos.
A.1.1.2.: Deseño e edición do material docente para a formación enmarcado na estratexia de Atención Primaria de Saúde: MOSAF.
A.1. 1.3.: Selección de 20 profesionais de enfermería procedentes dos centros diana: 10 do Centro de saúde Francisco Morazán, 2 dos tres postos de saúde, 1 do Hospital Lenin Fonseca, 1 do H. Fernando Velez Paiz, 1 H. Alemán Nicaraguano e 1 do H.A Mascota; que participarán no primeiro módulo do programa formativo.
A.1.1.4.: Realizar procesos de liberación dos postos de traballo do persoal de enfermería participantes nos procesos formativos do proxecto.
A.1.1.5.: Primeiro Módulo -Formación de Facilitadores-: Realizar 1 Curso de Formación sobre a Atención ao neno de 0 a 5 anos de idade (con énfase en detección, prevención e abordaxe da desnutrición infantil) aos 20 discentes seleccionados, cunha duración de 5 días. Contará co asesoramento dunha persoa experta en atención ao neno san e desnutrición.
A.1.1.6.: Selección dun mínimo de 10 Profesionais de enfermería de entre os recursos formados dentro do primeiro módulo, que pasarán a ser os facilitadores da formación en escalonada. Segundo e terceiro modulo.
A.1.1.7.: Segundo Módulo Formación escalonada -: Realizar 4 talleres de 3 días de duración impartidos polas e os docentes seleccionados do primeiro módulo: 3 dirixidos a brigadistas (20 persoas x taller) e un taller dirixido aos profesionais de enfermería (20 persoas). Seleccionar a brigadistas para levar a cabo o terceiro módulo.
A.1.1.8.: Acompañamento en Servizo-. Acompañamento dun experto/a que se desprazará aos centros diana para avaliar e apoiar a posta en marcha dos coñecementos aprendidos por parte dos beneficiarios e beneficiarias nos seus centros de traballo.
R.1.2.: Fortalecida a capacidade dos recursos comunitarios de saúde para intervir na mellora de hábitos de vida dos nenos e nenas do Distrito II de Managua con especial fincapé na abordaxe da desnutrición.
Actividades:
A.1.2.1.: Terceiro Módulo -Talleres de sensibilización con Axentes Comunitarios.
A.1.2.2.: Realizar campaña de Educación para a saúde para prevención e promoción no neno e nena de 0 a 5 anos, con énfases na desnutrición, dirixida á poboación do Distrito II de Managua mediante folletos e afiches educativos, campañas radiais, talleres con pais e feiras da saúde.
A.1.2.3.: Realizar reunións de planificación, coordinación, seguimento e avaliación entre actores participantes: CDI, Centro de saúde, Hospitais, líderes comunitarios, CPC etc.
R.1.3.: Mellorada a dotación de equipamento sanitario básico de atención infantil dos centros sanitarios públicos e do persoal comunitario que dá cobertura ao vertedoiro da Chureca.
Actividades:
A.1.3.1.: Realizar proceso de selección, compra e transferencia do material clínico e bibliográfico a transferir ás Unidades de Saúde diana.
A.1.3.2.: Transporte do material a terreo e distribución por cada centro.
A.1.3.3.: Realizar acto oficial de doazón do material.
Directa: 142 persoas (100 % mulleres).
Indirecta: 9.471 persoas.
68.400,00 (2012: 20.520,00; 2013: 47.880,00)