Proxectos

Promoción da Saúde Integral de nenos e nenas de 0 a 5 anos con énfase na prevención e abordaxe da desnutrición en Zelaya Central, Nicaragua.

O proxecto pretende mellorar a saúde e nutrición infantil mellorando a prevención de enfermidades comúns que neste contexto de pobreza se converten en enfermidades agresivas que impiden o seu adecuado crecemento e desenvolvemento e ás veces son letais.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Zelaya Central
Axentes: 
FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA ENFERMERÍA (FUDEN)
Contraparte: 

Dirección Nacional de Enfermería de Nicaragua, DNE. Dirección General de Servicios de Salud. Ministerio de Salud. MINSA

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á restitución do dereito á saúde e dereito á alimentación das nenas/os de Nicaragua.
Obxectivo específico: Promoción da Saúde Integral de nenas e nenos de 0 a 5 anos con énfase en prevención abordaxe da desnutrición en Zelaya Central, Nicaragua.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Desenvolvido e aplicado un Programa de Formación Continuada sobre Atención Integral de Saúde para nenos e nenas de 0 a 5 años con énfase en saúde nutricional, dirixido a persoal de Enfermería de Atención Primaria de Saúde (APS) e Hospitais primarios, segundo o seu campo de actuación.
Actividades
A.1.1.1 Realizar a identificación inicial de necesidades formativas do persoal de Enfermería e Axentes Comunitarios de Saúde sobre Saúde Infantil, Atención Integral e Nutricional dos nenos/as de 0 a 5 anos nos hospitais primarios e os Centro de Saúde das cabeceiras dos 4 municipios do Departamento.
A.1.1.2 Realización do Primeiro Módulo formativo: Atención Integral á nena e o neno de 0-5 anos con énfase na saúde nutricional (detección, prevención e abordaxe).
A.1.1.3 Realización do Segundo Módulo formativo: 2 obradoiros, réplica do Primeiro Módulo.
A.1.1.4 Realización do Quinto Módulo: acompañamento en Servizo aos profesionais de enfermería que participaron no Segundo Módulo. Avaliar e reforzar a aplicación de coñecementos nos seus respectivos centros de traballo.
Resultado.1.2 Fortalecida a capacidade dos recursos comunitarios de saúde do Departamento de Zelaya Central, para a realización de actividades de Educación para a Saúde de nenas e nenos de 0-5 años con énfase en detección, prevención e abordaxe da desnutrición.
Actividades
A.1.2.1 Realización do Terceiro Módulo formativo sobre a importancia da Atención Integral do menor de 5 anos con énfase na detección, prevención e abordaxe da desnutrición.
A.1.2.2 Realizar polo menos 4 reunións participativas de sensibilización entre os Axentes Comunitarios de Saúde, brigadistas, representantes dos CDI, CPC e enfermeiros/as facilitadores/as para informar, motivas e levar a cabo accións de Educación sobre Saúde Integral de nenas e nenos de 0 -5 anos en Zelaya Central.
A.1.2.3 Realización do Cuarto Módulo: como mínimo 6 feiras, obradoiros e outras actividades de Educación para a Saúde a pais e nais sobre prevención e promoción de saúde de nenas e nenos de 0-5 anos, con énfase en detección, prevención e abordaxe da desnutrición.

Resultado.1.3 Mellorado o equipamento clínico básico e docente dos 3 Hospitais de nivel primario do Departamento de Zelaya Central e dos 4 Centros de Saúde de cabeceira de cada un dos 4 municipios, e brigadas móbiles, como medio necesario para brindar atención integral a nenas e nenos de 0-5 años.
Actividades
A.1.3.1 Realizar el proceso de selección, compra e traslado do material clínico para a dotación aos 3 Hospitais Primarios e 4 Centros de Saúde de cabeceira municipais, así como equipamento das brigadas móbiles e outros materiais educativos.
A.1.3.2 Realizar o acto oficial de doazón do material clínico básico e difusión dos resultados alcanzados no proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 21.374 nenos/as de 0 a 5 anos que recibirán atención en saúde integral e nutricional; os pais, nais e coidadores dos menores de 5 anos serán participantes activos na Educación para a Saúde mediante obradoiros; 50 enfermeiras e auxiliares e 90 brigadistas e líderes.
Indirecta: poboación total de Zelaya Central (167.351 persoas); profesionais da saúde (196 persoas) e axentes comunitarios (913 persoas).
 

Axudas: 

99.947,00 € (2015: 49.973,50 €; 2016: 49.973,50 €)