Proxectos

Promoción da soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión este de Guinea Bissau

O presente proxecto ten como obxectivo promover a soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión este de Guinea Bissau, nun contexto con altos niveis de desigualdade de xénero, altas taxas de matrimonio infantil e unha das zonas máis afectadas polo fenómeno dos nenos talibés. A proposta dará continuidade a algunhas das actividades do proxecto “Mellora da oferta educativa e promoción da participación cidadá e dos dereitos da infancia na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau” financiado pola Xunta de Galicia.

Este proxecto trata de promover a soberanía alimentaria e o dereito á alimentación, como factor chave para a resiliencia das comunidades e a prevención de prácticas nefastas, poñendo en marcha hortas comunitarias, promovendo a alfabetización das mulleres, mellorando os recursos educativos e mellorando os servizos de protección para nenos e nenas en situación de vulnerabilidade e a prevención da explotación e o tráfico infantil. Grazas ao proxecto poderase rescatar e reinserir nas súas familias a 100 nenos talibés, e dar apoio psicosocial a 150 nenos e nenas en situación de vulnerabilidade, ademais apoiarase ás redes da sociedade civil que integran aos circuítos de protección da infancia.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bafata (rexión)
Gabú (rexión)
Oio (rexión)
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

Asociación de Amigos das Crianças (AMIC)

Obxectivos: 

Xeral: Lograr o cumprimento dos dereitos fundamentais da poboación máis vulnerable de Guinea Bissau a través do aumento das competencias comunitarias e a participación da sociedade civil organizada.

Específico: Promover a soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión este de Guinea Bissau.

Resultados e actividades: 

RE 1.0 Implementado un sistema de coordinación, seguimento, avaliación e difusión do proxecto de forma participativa e con enfoque de xénero.

A.1.0.1 Creación do comité de coordinación do proxecto e validación do sistema de seguimento económico e técnico.

A.1.0.2 Celebración de reunións mensuais de coordinación.

A.1.0.3 Realización dunha auditoría externa do proxecto.

A.1.0.4 Realización dunha avaliación final independente con enfoque de xénero.

A.1.0.5 Socialización dos resultados da avaliación final en terreo.

A.1.0.6 Difusión do proxecto en Guinea Bissau e en Galicia.

RE 1.1 Puxéronse en marcha 3 hortas comunitarias xestionadas por mulleres que producen alimento de forma sostible, con enfoque de soberanía alimentaria e xénero.

A.1.1.1 Legalización e preparación dos terreos e instalación do valado.

A.1.1.2 Construción dos pozos nas hortas comunitarias.

A.1.1.3 Formación de mulleres en técnicas hortícolas ambientalmente sostibles.

A.1.1.4 Creación dos Comités de Xestión de hortas comunitarias.

A.1.1.5 Distribución de insumos (ferramentas agrícolas e sementes) e seguimento do traballo nas hortas comunitarias.

A.1.1.6  Alfabetización funcional de mulleres das hortas.

RE 1.2 Mellorados os recursos educativos para a promoción dos dereitos humanos, a igualdade de xénero, a democracia e a xustiza social.

A.1.2.1 Deseño da programación e formación do profesorado para a implementación dun proxecto piloto de ensino da filosofía no curso 11º.

A.1.2.2 Formación do profesorado e implementación dun proxecto piloto de ensino da

filosofía en 2 institutos de Gabú e Bafatá.

A.1.2.3 Organización de encontros de debate sobre dereitos humanos, igualdade de xénero, xustiza e medioambiente en 4 institutos coa participación da comunidade educativa.

RE 1.3 Mellorados os servizos de protección para nenos e nenas en situación de vulnerabilidade e a prevención da explotación e o tráfico infantil.

A.1.3.1 Distribución de 150 kits de hixiene e produtos básicos para nenos/as vítimas de violencia, explotación e tráfico infantil.

A.1.3.2 Identificación, acollida, e reintegración familiar de 100 nenos talibés vítimas de tráfico infantil.

A.1.3.3 Desenvolvemento dun programa de apoio psicosocial para 150 nenos/as vítimas de violencia, explotación e tráfico infantil.

A.1.3.4 Organización de reunións cuadrimestrais da Rede de OSC, que promove a paz, a cidadanía e os dereitos humanos, especialmente de nenos/as, mozos e mulleres.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.944 (12 homes; 282 mulleres; 850 nenos; 800 nenas)

Indirecta: 12.804 (3.019 homes; 3.224 mulleres; 3.299 nenos; 3.262 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)