Promoción do dereito á protección da infancia e da igualdade de xénero, na Provincia de Gaza (Mozambique), Fase I
Este proxecto é a primeira fase dun programa de longo alcance, que ten como obxectivo principal eliminar o matrimonio infantil, precoz e forzado e a violencia de xénero. Para iso crea e fortalece unha rede comunitaria comprometida coa erradicación desta práctica, fortalécense capacidades, inclúense sesións de masculinidade positiva dirixidas a nenos e adolescentes, introdúcense grupos de aforro comunitario para reducir a vulnerabilidade económica, mobilízase a comunidades e titulares de responsabilidades. Ademais, garántese o acceso público á información, a participación comunitaria na toma de decisións e a articulación dunha sociedade civil cohesionada.
Mozambique ten unha das taxas de matrimonio infantil máis altas do mundo. As súas consecuencias son embarazos precoces, infeccións de transmisión sexual, VIH/SIDA, abandono escolar, violencia baseada en xénero, problemas de saúde sexual e reprodutiva, e a negación sistemática do dereito para decidir sobre os seus corpos e as súas vidas. Todo iso perpetúa ciclos de pobreza, exclusión e subordinación, vulnerando de forma sistémica os dereitos das nenas.
N’weti
Xeral: Promoción do dereito á proteción da infancia e da igualdade de xénero en Mozambique
Específico: Eliminar prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a violencia de xénero entre a infancia más vulnerable dos distritos de Chiculalacuala, Mapai, Mabalane e Chigubo, Provincia de Gaza, Mozambique. (ODS 5. Meta 5.2 e 5.3 e ODS 16 Meta 16.2)
RE 1.1 Creada e fortalecida unha rede comunitaria para mellorar a atención e o seguimento de nenas, nenos e adolescentes vítimas do matrimonio infantil e da violencia de xénero en áreas rurais dos distritos de Chiculalacuala, Mapai, Mabalane e Chigubo, na provincia de Gaza, aliñada coas estratexias gobernamentais
A.1.1.1 Reunión de Lanzamento do Proxecto coas Partes Interesadas
A.1.1.2 Creación e posta en funcionamento da rede comunitaria para a erradicación do matrimonio infantil e a violencia de xénero
A.1.1.3 Capacitación para a rede comunitaria sobre a realización de Diálogos Comunitarios
A.1.1.4 Capacitación á rede comunitaria en facilitación e xestión en Clubes para Infancia e Adolescencia
A.1.1.5 Capacitación para a rede comunitaria en Mecanismos Multisectoriais
A.1.1.6 Capacitación para a rede comunitaria no modelo GBV LIVES da OMS
A.1.1.7 Capacitación para apoiar o paquete de intervención para a integración e retención de nenas na escola
A.1.1.8 Apoio continuado para o fortalecemento da rede comunitaria para a erradicación do matrimonio infantil e a violencia de xénero
A.1.1.9 Reunión anual de coordinación
RE 1.2 A infancia e adolescencia das áreas rurais dos distritos de Chiculalacuala, Mapai, Mabalane e Chigubo, na provincia de Gaza, están capacitadas e mobilizadas para eliminar o matrimonio infantil e a violencia de xénero, mediante a construción de mecanismos de prevención temperá e de espazos seguros, e do fortalecemento do sistema de derivación e seguimento.
A.1.2.1 Clubes para nenas, nenos, e adolescentes
A.1.2.2 Diálogos comunitarios para Infancia e Adolescencia
A.1.2.3 Sesións de masculinidade positiva para nenos e mozos adolescentes
A.1.2.4 Implantación e desenvolvemento dun sistema de Apoio psicosocial
A.1.2.5 Intauración e desenvolvemento dun sistema de derivacións de casos de matrimonio infantil/violencia de xénero aos servizos públicos
A.1.2.6 Desenvolvemento de Grupos de Poupança (Aforro e Préstamos)
A.1.2.7 Paquete de apoio integral á educación, especialmente das nenas e as adolescentes
RE 1.3 As comunidades rurais dos distritos de Chiculalacuala, Mapai, Mabalane e Chigubo, na provincia de Gaza, están capacitadas e comprometidas coa eliminación do o matrimonio infantil e a violencia de xénero
A.1.3.1 Diálogos comunitarios para persoas adultas
A.1.3.2 Sesións de masculinidade positiva para homes adultos
A.1.3.3 Diálogos con líderes e lideresas locais, relixiosos e tradicionais
RE 1.4 Asegurado o acceso público á información e protexidas as liberdades fundamentais, dacordo con a lexislación nacional, contra as unións prematuras e a violencia de xénero nas zonas rurais dos distritos de Chiculalacuala, Mapai, Mabalane e Chigubo, na provincia de Gaza.
A.1.4.1 Desenvolvemento e seguimento de plans de acción comunitario
A.1.4.2 Radios comunitarias
A.1.4.3 Reunións de mobilización e seguimento con persoas lideresas e influentes da comunidade
A.1.4.4 Mobilizacións Sociais
A.1.4.5 Encontros con redes de traballo nacionais e provinciais
Directa: 16.000 (11.200 mulleres/nenas, 4.800 hombres/nenos)
Indirecta: 12.421 (6.434 mulleres/nenas, 5.987 hombres/nenos)
60.000,00 € (60.000,00 € en 2025)