Proxectos

Promoción do dereito a unha vivenda digna, adecuada e saudable para a poboación indíxena Ch´orti´ do municipio de Jocotán, Corredor Seco Oriental (Guatemala)

O proxecto aliñase cos plans estratéxicos de SODEPAZ, MEJORHA e do Municipio de Jocotán, e busca garantir o dereito a unha vivenda digna para as familias indíxenas Ch’orti’. A intervención mellora as vivendas de 75 familias e fortalece as capacidades locais cun enfoque de xénero e pertinencia cultural. Tamén acompaña 14 comunidades na xestión de subsidios ante o FOPAVI. Así mesmo, impulsa a organización comunitaria para incidir politicamente a favor do dereito á vivenda. Finalmente, elaborará e promoverá unha Política Municipal de Vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable con participación cidadá e rendición de contas.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Jocotán (municipio)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
SOLIDARIEDADE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ (SODEPAZ)
Contraparte: 

Asociación para el Mejoramiento Habitacional de Guatemala MEJORHA

Código CRS: 
16040 - Vivendas de baixo custo
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á vixencia plena dos dereitos individuais e colectivos da poboación do municipio de Jocotán (Chiquimula).

Específico: Promover o dereito a unha vivenda digna, adecuada e saudable para as familias indíxenas Ch´orti´ do municipio de Jocotán, Corredor Seco Oriental (Guatemala).

Resultados e actividades: 

RE 1.1. As familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas da Rexión VIII melloraron as súas condicións de habitabilidade mediante a mellora das vivendas e o ordenamento do sitio, con equidade de xénero e pertinencia cultural, co apoio de estudantes de Arquitectura da Universidade de San Carlos de Guatemala (USAC).

       A.1.1.1. Ordenamento participativo do sitio con familias priorizadas de comunidades seleccionadas da Rexión VIII.

       A.1.1.2. Mellora participativa das vivendas priorizadas (pisos de cemento lucido e repicado e cribado de paredes internas e externas) en comunidades seleccionadas da Rexión VIII.

       A.1.1.3. Coordinación coa Facultade de Arquitectura da Universidade de San Carlos FARUSAC para a participación de estudantes no proceso de mellora da vivenda e/ou ordenamento do sitio.

       A.1.1.4. Capacitación e acompañamento ás familias priorizadas de comunidades seleccionadas da Rexión VIII para incorporar as opinións e achegas das mulleres e elementos da cultura maia durante o proceso de mellora das súas vivendas e contorno.

RE 1.2. Os grupos autoxestores de vivenda de 14 comunidades da Rexión VIII continuaron e fortaleceron o seu proceso de xestión de subsidios ante o Fondo para a Vivenda (FOPAVI), mediante asesoría técnica e acompañamento especializado.

       A.1.2.1. Asesoría técnica e acompañamento a 14 grupos comunitarios da Rexión VIII para o seguimento da xestión de subsidios ante o FOPAVI.

RE 1.3. Fortalecéronse as capacidades técnicas, organizativas e políticas da sociedade civil organizada para esixir a vixencia plena do dereito a unha vivenda digna, adecuada e saudable (con equidade de xénero e pertinencia cultural), mediante procesos formativos e intercambio de experiencias.

       A.1.3.1. Capacitación ás persoas integrantes do Comité de Seguimento da Rexión VIII de Jocotán sobre o dereito a unha vivenda adecuada, digna e saudable, con enfoque de xénero e pertinencia cultural.

       A.1.3.2. Deseño e implementación, en coordinación coa Federación de Asociacións e Organizacións para o Desenvolvemento do Hábitat Popular (FODHAP), dunha campaña radial de sensibilización sobre a Política Municipal de Vivenda, o Programa de Produción Social de Vivenda, etc.

       A.1.3.3. Realización dun Foro Municipal sobre a Política Municipal de Vivenda e o “Programa de Produción Social de Vivenda: Unha proposta da sociedade civil”.

RE 1.4. Xerouse, con participación de titulares de dereitos, responsabilidades e obrigas, un marco de política pública municipal de vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable (con equidade de xénero e pertinencia cultural) para o municipio de Jocotán.

       A.1.4.1. Elaboración participativa da Política Municipal de Vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable (con equidade de xénero e pertinencia cultural) de Jocotán, con mecanismo de seguimento e aprobación municipal.

       A.1.4.2. Capacitación, asesoría e acompañamento ao Municipio de Jocotán para a implementación da Política Municipal de Vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable (con equidade de xénero e pertinencia cultural).

       A.1.4.3. Auditoría social da implementación da Política Municipal de Vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable (con equidade de xénero e pertinencia cultural) de Jocotán.

       A.1.4.4. Realización dunha actividade pública de rendición de contas sobre a Política Municipal de Vivenda Saudable, Inclusiva e Sustentable (con equidade de xénero e pertinencia cultural).

       A.1.4.5. Realización do Foro de Intercambio de Experiencias “Vivenda, Exclusión Social e Participación Cidadá: O papel dos municipios como garantes de dereito”.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2403 (1287 mulleres/nenas, 1116 homes/nenos)

Indirecta: 78144 (40400 mulleres/nenas, 37744 homes/nenos)

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

240.000,00 € (84,000,00 € en 2025 e 156.000,00 € en 2026)