Promoción do emprendemento e empregabilidade con equidade para a recuperación de medios de vida sustentables, seguridade alimentaria e sanitaria nas familias das organizacións de pesca artesanal e acuicultura na Baía de Sechura, Piura. Perú
Esta intervención pretende mitigar os efectos da crise desencadeada en Perú por mor da pandemia do SARS-COV19, que impactou notablemente na redución da actividade pesqueira, especialmente na súa modalidade artesanal, afectando negativamente ás familias máis vulnerables e incrementando as brechas sociais. Neste contexto, e considerando a experiencia acumulada das entidades executoras na zona (Proxecto ACUIPESCA Perú, entre outros), este proxecto pretende mitigar os efectos da pandemia nas familias vinculadas á pesca e a acuicultura mediante o fortalecemento das capacidades locais para lograr recuperar os medios de vida, mellorando a seguridade alimentaria e a prevención sanitaria.
Fundación Ayuda en Acción - Perú
Xeral: Contribuír a mitigar o impacto do COVID-19 nas familias vinculadas á actividade pesqueira e acuícola da rexión Piura.
Específico: Fortalecer as capacidades locais para a recuperación dos medios de vida, mellora da seguridade alimentaria e prevención sanitaria no contexto COVID-19, na actividade pesqueira e acuícola das comunidades da Baía de Sechura.
RE 1.1. Mulleres e homes (vinculados á cadea produtiva de cuncha de abanico) diversifican as súas fontes de ingreso mediante o melloramento dos seus emprendementos actuais e/ou implementación de novas iniciativas para a xeración de ingresos.
- A.1.1.1. Diagnóstico e planificación para identificación e melloramento de negocios.
- A.1.1.2. Programa de elaboracion de plans de negocio usando metodoloxía de lenzo canvas (considérase a identificación de ideas de negocio e de mellora de negocios existentes).
- A.1.1.3. Programa de fortalecemento de capacidades en xestión empresarial e habilidades brandas.
- A.1.1.4. Programa de acompañamento e asistencia técnica nos negocios participantes para a implementación dos plans de negocio.
- A.1.1.5. Articulación comercial ao mercado local mediante participación en feiras, rodas de negocio, pasantías e outras oportunidades dispoñibles na zona.
RE 1.2. Mulleres e homes de grupos segmentados do distrito de Sechura incrementan os seus coñecementos sobre os beneficios do consumo de produtos hidrobiolóxicos orixinarios da baía, con alto valor nutritivo na cultura alimentaria local (como mecanismos para mellorar a seguridade alimentaria) véndose incrementado o posicionamento do consumo destes produtos.
- A.1.2.1. Elaboración de Diagnóstico sobre situación de seguridade alimentaria con enfoque de xénero en Sechura e propostas de mellora.
- A.1.2.2. Programa de fortalecemento das capacidades da poboación Sechurana sobre hábitos Alimenticios Saudables e Boas Prácticas de Hixiene Alimentaria no fogar con equidade.
- A.1.2.3. Execución dunha Axenda de Seguridade Alimentaria orientada á sustentabilidade no uso dos produtos pesqueiros e acuícolas locais como fonte de proteínas e nutrientes saudables.
- A.1.2.4. Programa para o fomento local masivo do consumo de produtos pesqueiros e acuícolas de alto contido nutricional.
RE 1.3. Homes e mulleres (traballadores, operarios, entre outros, vinculados a espazos laborais de extracción, procesamento e transformacion da cadea de valor da pesca e acuicultura) reforzan as súas prácticas preventivas relativas ao COVID-19 en beneficio da Saúde dos seus Traballadores/as e das súas familias.
- A.1.3.1. Análise-Diagnóstico situacional dos protocolos e outras medidas sanitarias para impedir a propagacion do COVID-19 en centros de labores.
- A.1.3.2. Sensibilización e xeración de convenios de aceptación de intervención con centros de labores para implementar as melloras sanitarias anti-COVID-19.
- A.1.3.3. Implementación de equipos sanitarios (WASH).
- A.1.3.4. Asistencia técnica e seguimento ás implementacións realizadas.
Directa: 3.861 (1.274 homes; 1.587 mulleres; 500 nenos; 500 nenas).
Indirecta: 24.120 (11.818 homes; 12.302 mulleres).
Axuda Xunta de Galicia: 225.000,00 € (2021: 90.000,00 €; 2022: 135.000,00 €)