Promoción do exercicio efectivo do dereito a enerxía asequible, segura e sustentable para comunidades indíxenas Ch'orti´ da Rexión VIII do municipio de Jocotán, Chiquimula. Guatemala
O proxecto pretende, desde un enfoque de dereitos, garantir o acceso de polo menos 90 familias indíxenas Chortís en situación de vulnerabilidade de 5 comunidades da Rexión VIII do municipio de Jocotán a enerxía eléctrica asequible, segura e sustentable mediante a dotación de sistemas fotovoltaicos e o fortalecemento de capacidades para o seu adecuado uso e mantemento (coa formación de 2 Técnicos/as Comunitarios/as en electricidade por comunidade e a dotación de equipo básico para mantemento e reparación). Isto posibilitará que as vivendas conten con iluminación nas noites, evitando o uso de candís de queroseno (que causan danos á saúde pola inhalación do fume e son potencialmente perigosos polo risco de incendios) e de lanternas eléctricas (que resultan onerosas para a economía familiar e contaminan o ambiente ao ser refugadas as súas pilas), permitindo aos/as nenos/as que estuden e fagan tarefas en condicións adecuadas. En coordinación co Ministerio de Educación, equipará a 5 centros escolares públicos con sistemas fotovoltaicos que permitirán ao persoal docente a opción de utilizar recursos técnico-pedagóxicos como computadora, proxector, etc. en beneficio do alumnado, contribuíndo a mellorar as condicións de estudo e o desempeño académico. Tamén se fortalecerán as capacidades organizativas, técnicas e políticas do liderado das cinco comunidades para incidir ante as/os titulares de obrigacións na vixencia do dereito á enerxía eléctrica e fiscalizar o seu cumprimento.
Asociación para el Mejoramiento Habitacional de Guatemala MEJORHA
Xeneral: Contribuír ao exercicio do dereito a enerxía limpa para as comunidades indíxenas Ch´ortís da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Chiquimula, Guatemala).
Específico: Promoción do exercicio efectivo do dereito a enerxía alcanzable, segura e sustentable para comunidades indíxenas Ch'orti' da Rexión VIII do municipio de Jocotán, Chiquimula, Guatemala.
RE 1.1.: 90 familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas (520 persoas, das cales 241 son adultas -116 homes e 125 mulleres- e 279 son menores de idade -134 nenos e 145 nenas-) de 5 comunidades da Rexión VIII de Jocotán (Morrito, Tierra Blanca Barrio Nuevo e Centro, Potrerito, Conacaste e Pinalito) acceden a enerxía asequible, segura e sustentable a través de sistemas fotovoltaicos adecuadamente instalados e mantidos.
- A.1.1.1 Seleccionar coa participación das comunidades as familias priorizadas para recibir sistemas fotovoltaicos de xeración de enerxía eléctrica.
- A 1.1.2 Cotizar, adquirir, trasladar e instalar sistemas fotovoltaicos domésticos de xeración de enerxía eléctrica.
- A 1.1.3 Capacitar a 2 persoas de cada comunidade (1 home e 1 muller) como Técnico/a Electricista Comunitario/a en mantemento e reparación de sistemas fotovoltaicos.
- A 1.1.4 Subscribir coas familias priorizadas das 5 comunidades actas de recepción e compromiso de adecuado uso e mantemento dos seus sistemas fotovoltaicos.
- A 1.1.5 Realizar con apoio das/vos Técnicos/as Electricistas Comunitarios/as o mantemento e reparación dos sistemas fotovoltaicos instalados nas vivendas.
RE 1.2: 5 centros educativos públicos de 5 comunidades da Rexión VIII de Jocotán (Tierra Blanca Centro, Tierra Blanca Barrio Nuevo, Conacaste, Potrerito e Encuentro Candelero) acceden a enerxía asequible, segura e sustentable a través de sistemas fotovoltaicos adecuadamente instalados e mantidos.
- A 1.2.1 Cotizar, adquirir, trasladar e instalar sistemas fotovoltaicos de xeración de enerxía eléctrica para os 5 centros educativos públicos priorizados.
- A 1.2.2 Capacitar a 2 persoas de cada centro educativo público para a operación e mantemento dos sistemas fotovoltaicos.
- A 1.2.3 Subscribir coa Coordinación Distrital de Educación de Jocotán e/ou directores/as de 5 centros educativos públicas actas de recepción e compromiso de adecuado uso e mantemento dos seus sistemas fotovoltaicos.
- A 1.2.4 Realizar con apoio das/vos Técnicos/as Electricistas Comunitarios/as o mantemento e reparación dos sistemas fotovoltaicos instalados nos centros educativos públicos.
RE 1.3: Fortalecidas as capacidades organizativas, técnicas e políticas de integrantes de 5 comunidades da Rexión VIII de Jocotán (Morrito, Tierra Blanca Barrio Nuevo e Centro, Potrerito, Conacaste e Pinalito) para incidir nas e os titulares de obrigacións sobre a vixencia do dereito á enerxía eléctrica.
- A 1.3.1 Capacitar en cada comunidade a 20 persoas (50% mulleres) integrantes do Grupo de Mulleres, COCODE, Comité de Rega, Comité Eclesial, etc. en aspectos organizativos, técnicos e políticos sobre o dereito a enerxía eléctrica e incidencia.
- A 1.3.2 Construír colectivamente coa asesoría e acompañamento do persoal do proxecto un documento demandando a titulares de obrigacións a vixencia do dereito á enerxía eléctrica.
- A 1.3.3 Presentar ante a Municipalidade e o Consello Municipal de Desenvolvemento de Jocotán o documento colectivo demandando a titulares de obrigacións a vixencia do dereito á enerxía eléctrica.
- A 1.3.4 Realizar un Foro Municipal sobre o Dereito Humano á Enerxía Eléctrica.
Poboación beneficiaria directa: 90 familias de 5 comunidades (Morrito, Tierra Blanca Barrio Novo, Tierra Blanca Centro, Potrerito, Conacaste e Pinalito), total 520 persoas, das cales 241 son adultas (116 homes e 125 mulleres) e 279 son menores de idade (134 nenos e 145 nenas).
Axuda Xunta de Galicia: 59.990,31 €