Proxectos

Promoción do exercicio efectivo do dereito á saúde sexual e reprodutiva e o saneamento ambiental no territorio de Laguna de Perlas, municipio de Bluefields, mediante o fortalecemento das capacidades comunitarias e institucionais e a articulación de estratexias inclusivas e equitativas. RACCS. Nicaragua

O proxecto pretende mellorar a accesibilidade e integralidade dos servizos de SSR, Saúde Materna (SM), promoción de DSR e saneamento ambiental en 16 comunidades de Laguna de Perlas. A intervención fomenta as capacidades asistenciais, organizativas e técnicas da rede institucional e comunitaria para a promoción da SSR e fortalece a articulación de estratexias inclusivas. O proxecto é parte dunha estratexia máis ampla no marco do Modelo de Atención en Saúde Intercultural (MASI). Apoia á súa vez a aplicación de mecanismos de vixilancia multisectorial de atención primaria e SSR, así como fomenta a elaboración e desenvolvemento de plans de acción comunitaria de saúde con énfase na promoción dos DSR. A estratexia de intervención desenvólvese ao redor de tres compoñentes:

-Mellora da cobertura, calidade, pertinencia e equidade dos servizos de SSR das redes institucional e comunitaria en 16 comunidades especialmente vulnerables de Laguna de Perlas. Prevé inicialmente a realización da Liña de Base dos principais indicadores de saúde na área de intervención. A continuación a realización de capacitacións e asistencias técnicas a ACS (especialmente parteiras e brigadistas) e institucional (persoal MINSA) para o exercicio de dereitos e mellora da prevención e atención en SSR. Apoiaranse dúas brigadas médicas constituídas e promovidas polo MINSA ademais da rehabilitación e o equipamento de dous Postos de Saúde do MINSA. Realizarase unha campaña de información e concienciación que contribúa á creación de cidadanía crítica, activa e consciente do seu dereito á saúde, a equidade e o medio ambiente, mediante a difusión de mensaxes apropiadas por medios socialmente  prestixiados (radios comunitarias).

-Mellora de capacidades organizativas, de planificación e xestión complementaria das redes institucional e comunitaria para a promoción da SSR en Laguna de Perlas. Acompañarase ás Comisións Municipais de Saúde para a constitución de Consellos Técnicos multisectoriais de coordinación, seguimento e avaliación de accións de mellora da SSR. Revisaranse e actualizarán os protocolos de atención primaria e SSR. Planificarase de maneira participativa os sistemas comunitarios de promoción da saúde e atención sanitaria con énfase na identificación de factores de risco para a SSR. Realizarase un seguimento dos sistemas de referencia e contrarrereferencia entre establecementos do MINSA e a Rede comunitaria e realizarase unha extensión e consolidación do Sistema de Información Comunitaria (SICO).

- Mellora do acceso á auga potable e condicións de hixiene e saneamento ambiental en 16 comunidades especialmente vulnerables de Laguna de Perlas. Construiranse 7 pozos comunitarios con bombas de  mecate tipo Kits, distribuiranse 520 filtros de auga cerámicos particulares. Desenvolveranse accións educativas para a promoción da hixiene e o saneamento ambiental, para o control e garantía de calidade da auga e mantemento e conservación dos equipos que se entregan.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Laguna de Perlas (municipio)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Acción Médica Cristiana (AMC)

Código CRS: 
12261 - Educación sanitaria
13020 - Atención saúde reprodutiva
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao exercicio efectivo do dereito á saúde da poboación vulnerable do territorio de Laguna de Perlas.

Obxectivo específico: Promover o exercicio efectivo do dereito á SSR e o saneamento ambiental mediante o empoderamento de titulares de dereito e o fortalecemento da súa capacidade de articulación de estratexias inclusivas e equitativas co sistema sanitario público do territorio de Laguna de Perlas.

Resultados e actividades: 

RE1: Mellorouse a cobertura, calidade, pertinencia cultural e equidade dos servizos de SSR das redes institucional e comunitaria de acordo ao enfoque de dereitos en 16 comunidades vulnerables do territorio de Laguna de Perlas.

A.1.1: Elaboración participativa da Liña de Base dos principais indicadores de saúde.

A.1.2: Capacitación e equipamento de ACS, parteiras e novos para o exercicio de dereitos e a mellora da prevención e atención en saúde sexual e reprodutiva.

A.1.3: Brigadas Médicas Móbiles Integrais con énfases en SSR.

A.1.4: Campaña de sensibilización sobre dereitos sexuais e reprodutivos e atención en saúde con pertinencia cultural e de xénero.

A.1.5: Rehabilitación e equipamento de unidades do MINSA para a atención en saúde sexual e reprodutiva.

RE2:. Desenvoltas as capacidades comunitarias e institucionais para garantir o dereito á SSR e Saúde Infantil reducindo as brechas de acceso da poboación vulnerable con accións complementarias de extensión de cobertura e demanda organizada de dereitos en 16 comunidades do territorio de Laguna de Perlas.

A.2.1: Acompañamento ás Comisións Municipais de Saúde e constitución de Consellos Técnicos multisectoriais de coordinación, seguimento e avaliación de accións de mellora da saúde sexual e reprodutiva no territorio de Laguna de Perlas.

A.2.2: Revisión e actualización dos protocolos de atención primaria e en saúde sexual e reprodutiva.

A.2.3: Planificación participativa das estratexias comunitarias de promoción da saúde e atención sanitaria.

A.2.4: Extensión e consolidación do SICO nas 20 comunidades participantes do territorio de Laguna de Perlas.

A.2.5: Seguimento do Sistema de Referencia e Contra Referencia entre a Rede Comunitaria e o MINSA do territorio de Laguna de Perlas.

RE3: Desenvolvéronse as capacidades colectivas de titulares de dereito para garantir o acceso á auga, hixiene e saneamento ambiental sustentable en 16 comunidades do territorio de Laguna de Perlas.

A.3.1:  Autoconstrucción de pozos e distribución de filtros caseiros e cloro en 16 comunidades do territorio de Laguna de Perlas.

A.3.2: Accións educativas para a promoción da hixiene e saneamento ambiental en 16 comunidades do territorio de Laguna de Perlas.

A.3.3: Accións de control e garantía da calidade da auga dos CS, CAPS e ACS das 16 comunidades participantes.

A.3.4: Conformación do equipo e establecemento do sistema de xestión coordinada entre AMC e  Farmamundi.

A.3.5: Avaliación e Auditoría.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (1.175), Mulleres (5.035), Nenos (667), Nenas (705). Os nenos e nenas son menores de 5 anos.

Indirecta: Homes (5.430), Mulleres (1.978)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2019: 70.000 €; 2020: 105.000 €)