Promovendo a equidade de xénero e o empoderamento económico da poboación rural de Yacuambi
Este proxecto ten como finalidade contribuír á igualdade de xénero e ao empoderamento de mulleres de zonas rurais do cantón Yacuambi, provincia de Zamora Chinchipe, para a eliminación da feminización da pobreza e a violencia de xénero, entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e a desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, que serán parte da poboación meta do proxecto. Desde o compromiso cos enfoques de Dereitos Humanos, Interculturalidade e Sustentabilidade, enfocarase en promover o empoderamento socioeconómico e a equidade de xénero entre os produtores e produtoras do cantón Yacuambi a través de prácticas sostibles en acuicultura e artesanías e capacitación orientada a mellorar as súas capacidades organizativas, asociativas, empresariais, de produción e comercialización, dando tamén gran importancia ao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero en todos os seus compoñentes, desde a consciencia de que as desigualdades de xénero son un factor determinante e vinculado á pobreza.
Fundación Humana Pueblo a Pueblo- Ecuador
Xeral: Contribuír á igualdade de xénero e ao empoderamento de mulleres de zonas rurais do cantón Yacuambi, provincia de Zamora Chinchipe, para a eliminación da feminización da pobreza e la violencia de xénero
Específico: Promover o empoderamento socioeconómico e a equidade de xénero entre os produtores e produtoras do cantón Yacuambi a través de prácticas sostibles en acuicultura e artesanías
RE 1.1. Melloradas as capacidades e habilidades organizativas, asociativas e empresariais de produtores/as e artesáns/ás para a articulación e fortalecemento dos seus negocios
A.1.1.1 Conformación dun Comité de lideresas e líderes do proxecto
A.1.1.2. Proceso de capacitación para o fortalecemento organizativo dirixido a líderes e lideresas produtores/as e artesáns/ás locais
A.1.1.3. Realización de réplicas de fortalecemento organizativo a produtores/as e artesáns/ás do cantón Yacuambi
A.1.1.4. Implantación dun programa de fortalecemento de capacidades en xestión empresarial e habilidades brandas
A.1.1.5. Asesoramento e acompañamento a produtores/as e artesáns/ás para a constitución e legalización de asociacións
RE 1.2. Fortalecidas as capacidades de produción e comercialización individuais e asociativas dos produtores e produtoras e artesás e artesáns rurais de Yacuambi baixo un enfoque de xénero
A.1.2.1. Elaboración dun estudo de mercado para a comercialización de produtos relacionados coa produción de tilapia e as artesanías
A.1.2.2. Proceso de capacitación en prácticas sostibles de acuicultura de tilapia e elaboración de artesanías para o incremento da produción e comercialización de ambos produtos no cantón
A.1.2.3. Capacitación en boas prácticas de manufactura de alimentos para a produción e comercialización de tilapia
A.1.2.4. Acompañamento para o establecemento de piscinas para a produción sostible de tilapia e potenciación dun centro de procesamento
A.1.2.5 Acompañamento e equipamento para a posta en marcha dun taller de artesanías
A1.2.6 Implantación de campaña de comercialización de produtos mediante participación en feiras, roldas de negocio y outras oportunidades dispoñibles na zona
RE 1.3 Promovidos os dereitos das mulleres nas comunidades de intervención do proxecto mediante un proceso de formación en xénero e campañas de sensibilización e incidencia comunitaria para a prevención da violencia de xénero
A.1.3.1. Deseño e implantación dun proceso formativo en xénero e igualdade dirixido a produtores/as e artesáns/ás do cantón
A.1.3.2. Proceso de capacitación en autonomía económica e empoderamento - Conformación dunha Escola de lideresas
A.1.3.3. Implantación de proceso de abordaxe integral da violencia de xénero no cantón Yacuambi
A.1.3.4. Deseño e execución da campaña de sensibilización para promoción dos dereitos das mulleres e a prevención da violencia de xénero
Directa: 265 persoas, das cales 55 son homes e 210 son mulleres
Indirecta: 1.192 persoas, das cales 338 son homes, 334 mulleres, 262 nenos e 258 nenas
Axuda Xunta de Galicia:
174.903,83 € (69.961,53 € en 2022 e 104.942,30 € en 2023)