Promovendo o exercicio do dereito a unha vida libre de violencia e ao dereito á alimentación, das mulleres maya mam de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala
O presente proxecto busca promover o exercicio dos dereitos sociais das mulleres indíxenas maya mam desde a prevención da violencia de xénero, desenvolvendo prácticas de seguridade alimentaria a partir do enfoque agroecolóxico en comunidades do municipio de Santa Barbara, Huehuetenango, Guatemala
Organización no Gubernamental para el Desarrollo Humano Integral Sostenible, “TIERRA NUEVA” ONG
Xeral: Promover o exercicio dos dereitos sociais das mulleres, a vivir unha vida libre de violencia e a desenvolver boas prácticas de seguridade alimentaria nas comunidades do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala.
Específico: Contribuír ao empoderamento social, político e agroecolóxico de mulleres indíxenas maya mam para a prevención da violencia de xénero e a inseguridade alimentaria de 3 comunidades rurais do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango
RE 1.1 Fortalecéronse as capacidades de incidencia das mulleres indíxenas maya mam do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango para a demanda dos seus dereitos sociais, políticos e agroalimentarios con enfoque de xénero.
A.1.1.1 Talleres de formación sobre participación social e política sobre o marco normativo de dereitos humanos das mulleres e a igualdade de xénero. Meta: 6 talleres dirixidos a 20 mulleres como lideresas formadoras.
A.1.1.2 Formación a grupos de mulleres facilitado por lideresas formadoras sobre participación sociopolítica no marco normativo de dereitos humanos das mulleres e a igualdade de xénero. Meta: 6 talleres dirixido a 150 mulleres participantes.
A.1.1.3 Formar a outras mulleres de grupos, organizacións ou comunidades próximas como unha estratexia de incidencia e empoderamento, facilitado por mulleres formadoras. Meta: 45 mulleres.
A.1.1.4 Coordinación e participación en eventos conmemorativos en datas memorables (8 de marzo, 25 de novembro,15 de outubro), realizados na cabeceira departamental de Huehuetenango. Meta: 30 mulleres, 10 por comunidade.
A.1.1.5 Talleres con mulleres das tres comunidades, para fortalecer o seu proceso de participación e liderado. Meta: 2 talleres por ano.
A.1.1.6 Reunións de coordinación para xerar alianzas con: COCODE, oficinas municipais de Santa Bárbara e entidades gobernamentais como: Dirección Municipal da Muller DMM, e Consello Municipal de Seguridade Alimentaria e Nutricional COMUSAN, en temas afíns aos que impulsan as mulleres. Meta: 2 reunións de coordinación.
A.1.1.7 Diálogos para a implementación dos plans de incidencia a nivel comunitario entre as mulleres participantes. Meta: 3 diálogos.
A.1.1.8 Intercambio de experiencias con entidades afíns que promoven os dereitos das mulleres a nivel departamental. Meta: 2 intercambios.
RE 1.2 Fortalecidos mecanismos de protección comunitarios desde o enfoque de xénero en coordinación coas autoridades locais e departamentais fronte á violencia de xénero en 3 comunidades do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango.
A.1.2.1 Talleres de formación a mulleres formadoras para a prevención da violencia de xénero. Meta: 2 talleres coa participación de 20 formadoras.
A.1.2.2 Talleres de formación a grupos de mulleres sobre a prevención da violencia de xénero. Meta: 2 talleres de formación dirixido a 150 mulleres participantes.
A.1.2.3 Talleres de sensibilización dirixido a mozas e outros líderes sobre as novas masculinidades para a prevención da violencia de xénero. Meta: 40 participantes.
A.1.2.4 Coordinación coas redes de derivación existentes a nivel departamental para coñecer o roteiro e para a referencia de casos de violencia de xénero. Meta: 1 Coordinación establecida.
A.1.2.5 Xeración de materiais como: podcast, anuncios radiais (en idioma maya mam e idioma español), afiches, como actividades para a campaña de información para a promoción dos dereitos das mulleres e a prevención da violencia de xénero. Meta: 16 audios, 8 en idioma maya mam e 8 en idioma español, dous afiches e dous anuncios radiais.
RE 1.3 Establecidos sistemas alternativos de manexo de auga xestionados por mulleres, promovendo a diversificación de cultivos e a mellora da produción agroalimentaria nas parcelas familiares de mulleres de 3 comunidades de Santa Bárbara, Huehuetenango, desde o enfoque de seguridade alimentaria e agroecolóxico.
A.1.3.1 Implementar unha pilonera para a produción de pilones baixo condicións controlables. Meta: 1 pilonera en funcionamento.
A.1.3.2 Implementar un viveiro para produción de plantas medicinais e árbores froiteiras. Meta: 1 viveiro funcionando.
A.1.3.3 Macro túneles para a produción de alimentos. Meta: 3 Macro túneles (1 por comunidade).
A.1.3.4 Instalación de depósitos de almacenamento de auga. Meta: 3 depósitos (1 por comunidade).
A.1.3.5 Promoción e instalación de filtros de augas grises. Meta: 15 filtros (5 por comunidade).
A.1.3.6 Implementar sistemas de retención de auga para o establecemento de hortos (hidroretenedores). Meta: 15 almacenadores hidro-retenedores de auga (5 por comunidade).
A.1.3.7 Talleres de formación e asistencia técnica para a implementación de sistemas de rega por goteo. Meta: 3 sistemas de rega (1 por comunidade).
A.1.3.8 Talleres de formación para o consumo de alimentos a través de actividades demostrativas e a elaboración dun receitario. Meta: 3 talleres.
Directa: 550 (150 homes; 150 mulleres; 100 nenos; 150 nenas)
Indirecta: 1.950 (450 homes; 750 mulleres; 300 nenos; 450 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
185.000 € (120.250 € en 2024 e 64.750 € en 2025)