Proxectos

Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo Fase III)

Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relatan as e os docentes e os colectivos afectados están provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara aos colectivos excluídos, as persoas migrantes e racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGTBIQ+. O obxectivo macro do proxecto é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, que medra vizosa nun contexto de escasa alfabetización mediática e consumo abusivo de contidos dixitais.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Sensibilización social respecto as causas e consecuencias do discurso do odio e o papel de da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria e superior de Galicia.

Específico: Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Sistematizados e difundidos os datos sobre a situación de radicalización dos discursos nas aulas da ESO de 3 centros educativos galegos.

            A.1.1.1: Realización da liña base do proxecto.

A.1.1.2: Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación, que inclúa xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto e co resto dos axentes participantes.

A.1.1.3: Realización dun estudo sobre o machismo e a misoxinia presente entre o alumnado e o profesorado de Secundaria de Galicia.

A.1.1.4: Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto para ampliar a capacidade de difusión dos produtos creados dentro do proxecto.

A.1.1.5: Deseño e aplicación da Avaliación Externa do proxecto.

RE 1.2: Creada de xeito participada unha metodoloxía piloto para loitar contra o discurso do odio nas aulas.

A.1.2.1: Realización dunha sesión de traballo con persoas afectadas polo discurso de odio machista nos IES: alumnado, profesorado e familias.

A.1.2.2: Realización dunha sesión de traballo con xornalistas e comunicadoras para analizar a presenza de estereotipos sexistas nos medios e redes que máis consume o estudantado.

A.1.2.3: Gravación e edición de produtos de comunicación.

A.1.2.4: Deseño dunha metodoloxía pedagóxica específica para a loita contra o discurso de odio machista.

A.1.2.5: Realización e difusión da guía didáctica para profesorado, a partir das metodoloxías do proxecto.

RE 1.3: Promovida nas aulas de secundaria convivencia positiva, a riqueza da diversidade e a co-responsabilidade na loita contra o discurso do odio.

A.1.3.1: Formación interna sobre o traballo con Masculinidades Disidentes nos centros de ensino secundario de Galicia.

A.1.3.2: Obradoiros segregados sobre estereotipos e desigualdade de xénero, en centros educativos de secundaria de tres localidades 2024 galegas.

A.1.3.3: Obradoiros mixtos sobre amor romántico e violencia, en centros educativos de secundaria de tres localidades galegas.

A.1.3.4: Obradoiros mixtos contra o Discurso de Odio machista, en centros educativos de secundaria de tres localidades galegas.

A.1.3.5: Elaboración e entrega de informes de execución específicos para cada IES.

RE 1.4: Profesionais da comunicación e a educación social adquiren novos coñecementos e capacidades sobre metodoloxías para traballar o respeto á diversidade.

A.1.4.1: Mailing e cartelería para os centros de ensino e entidades participantes.

A.1.4.2: Obradoiros sobre metodoloxías de educomunicación para contrarrestar o discurso do odio con alumnado universitario.

A.1.4.3: Formación de profesorado de secundaria en metodoloxías de educomunicación contra o discurso do odio.

A.1.4.4: Presentación dos resultados a Xornalistas Galegas, Colexio de Xornalistas e CEXEF.

RE 1.5: Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de comunicación das universidades galegas para facer incidencia social e política sobre a defensa dos dereitos humanos.

A.1.5.1: Acompañamento na edición, estrea e difusión do traballo realizado polo alumnado do XIV CEU Comunicar para o Cambio.

A.1.5.2: Mailing, cartelería e presentacións públicas do CEU Comunicar para o Cambio na Universidade de Vigo.

A.1.5.3: Deseño e implementación do módulo contra o discurso de odio racista no CEU Comunicar para o Cambio (3 sesións).

A.1.5.4: Deseño e implementación do módulo contra o discurso de odio machista e LGBTiQfóbico no CEU Comunicar para o Cambio (3 sesións).

A.1.5.5: Deseño e implementación da viaxe de prácticas do CEU Comunicar para o Cambio.

  A.1.5.6: Deseño e implementación dunha campaña de comunicación específica sobre o CEU Comunicar para o Cambio e os produtos elaborados polo alumnado do mesmo.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 338 (30 homes; 138 mulleres; 80 nenos; 90 nenas)

Indirecta: 2.300 (800 homes; 1.100 mulleres; 160 nenos; 240 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)