Proxectos

Promover a corresponsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo)

Xeración Contrainfo pretende analizar a situación de radicalización dos discursos nas aulas entre as e os adolescentes, que están provocando uns altos niveis de intolerancia e agresividade cara colectivos excluídos como as persoas migrantes, as persoas do colectivo LGTBI ou as persoas xitanas, ao que hai que engadir a transversalización da discriminación por xénero. O obxectivo macro é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, en gran parte provocados pola falta de alfabetización mediática do alumnado. Por un lado, daráselle gran importancia ao proceso de recollida de información e á súa posterior sistematización, enfocada na súa difusión de forma comprensible e didáctica entre a comunidade educativa. Por outro, intentarase desmontar o mecanismo que provoca a construción dos discursos de odio, por medio da xeración de materiais que promovan a empatía cara os colectivos que os sofren e a achega de capacidades e ferramentas aos alumnos, para que se convertan en protagonistas na loita contra os prexuízos e constrúan o seu propio contradiscurso. Tras o traballo prioritario co alumnado, o segundo obxectivo deste proxecto será o de dotar ao profesorado dunha metodoloxía testada que lles permita, de forma autónoma, traballar o contradiscurso co seu alumnado actual ou futuro; aos xornalistas, analizar as consecuencias da propagación do discurso do odio nos medios de comunicación e comprender como o interpreta a xente máis nova; e aos educadoras/es sociais, coñecer novas metodoloxías participativas que empregar cos grupos excluídos como protagonistas.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11182 - Investigación educativa
11320 - Educación secundaria
11420 - Educación universitaria
11430 - Formación superior técnica e de dirección
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Sensibilización social respecto das causas e consecuencias do discurso do odio e do papel da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria e superior de Galicia.

Específico:  Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo)

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Sistematizados e difundidos os datos sobre a situación de radicalización dos discursos nas aulas da ESO de 3 centros educativos galegos

            A.1.1.1 Realización da liña base do proxecto

            A.1.1.2 Xuntanzas de coordinación, intercambio e análise do equipo do proxecto.

            A.1.1.3 Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto para ampliar a capacidade de difusión dos produtos creados dentro do proxecto

            A.1.1.4 Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación.

 

RE 1.2 Creada de xeito participado unha metodoloxía piloto para loitar contra o discurso do odio nas aulas

            A.1.2.1 Realización de produtos de comunicación participativos con tres colectivos de persoas afectadas polos discursos de odio.

            A.1.2.2 Deseño dunha metodoloxía pedagóxica específica do proxecto e da poboación meta do mesmo

            A.1.2.3 Realización dunha guía didáctica para profesorado

 

RE 1.3 Promovida nas aulas de secundaria a convivencia positiva, a riqueza da a diversidade e a co-responsabilidade na loita contra o discurso do odio

            A.1.3.1 Obradoiros en centros educativos de secundaria de tres cidades galegas

            A.1.3.2 Obradoiro de vídeo-cartas online entre mocidade de República Dominicana e Galicia

            A.1.3.3 Obradoiro de dicionarios audiovisuais de ida e volta

            A.1.3.4 Distribución de libros defensoras de dereitos nas bibliotecas dos 3 centros

 

RE 1.4 Profesionais da comunicación e da educación adquiren novos coñecementos e capacidades sobre metodoloxías para traballar o respecto á diversidade

            A.1.4.1 Obradoiros sobre metodoloxías de educomunicación para contrarrestar o discurso do odio con alumnado universitario de tres especialidades

            A.1.4.2 Presentación dos resultados no Colexio de Xornalistas

            A.1.4.3 Formación de profesorado de secundaria en metodoloxías de educomunicación contra o discurso do odio

            A.1.4.4 Co-organización do II Cumio Contra o Discurso do Odio en Galicia canda EAPN

 

RE 1.5 Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de xornalismo para facer incidencia social e política sobre a defensa dos dereitos humanos

            A.1.5.1 Deseño do programa do seminario de xornalismo

            A.1.5.2 Dinamización da aula virtual do seminario

            A.1.5.3 : Realización de 10 módulos do seminario

            A.1.5.4 Módulo práctico do seminario en Senegal

Poboación beneficiaria: 

Directa: 584 persoas

Indirecta: 1.873 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2022 e 21.000 € en 2023)