Promover o acceso a un hábitat seguro e sustentable, e mellorar os mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e das mulleres que mitiguen os impactos da Covid-19 nas comunidades de Cubana, La Balsa e Olivares, municipio Ramón Santana, provincia San Pedro de Macorís, República Dominicana
Este proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica mediante a erradicación dos barracóns e vivendas precarias e a construción de tres bloques de vivendas con enfoque de xénero no batey Cubana e reforzar as capacidades comunitarias nos 3 bateyes para a defensa e protección dos dereitos dos seus habitantes, con especial atención á saúde sexual e reprodutiva de mulleres e nenas, á prevención de contaxios por COVID-19 e ao tratamento dos efectos psicosociais e psicoemocionais que está a provocar a pandemia. Expóñense accións orientadas ao fortalecemento de capacidades de actores clave, a dotación de ferramentas e a sensibilización social sobre cuestións vinculadas á xestión social do hábitat, o dereito á vivenda e a atención a emerxencias psicolóxicas.
Instituto de Acción Comunitaria, Inc. IDAC
Xeral: Garantir o dereito a unha vivenda digna e a unha vida libre de violencias para as mulleres de Ramón Santana.
Específico: Promover o acceso a un hábitat seguro e sustentable, e mellorar os mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e das mulleres que mitiguen os impactos da Covid-19 nas comunidades de Cubana, La Balsa e Olivares, municipio Ramón Santana, provincia San Pedro de Macorís, República Dominicana.
RE 1.1. Ao 12º mes implementouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
A1.1.1 Conformación e posta en marcha dos comités de dirección e seguimento do proxecto.
A1.1.2 Elaboración dunha liña de base.
A1.1.3 Asemblea Comunitaria de lanzamento do proxecto.
A1.1.4 Instalación e distribución dos materiais de visibilidade do proxecto.
RE 1.2 Ao 12º mes garantiuse a propiedade dunha vivenda digna e segura en igualdade de oportunidades a 31 persoas.
A1.2.1 Contratación do prestador de servizos para a construción e organización dos grupos de traballo.
A1.2.2 Preparación e marcación do terreo e cimentación por zapata.
A1.2.3 Construción da estrutura da vivenda: levantamento de muros, instalación de teitos e terminacións
A1.2.4 Instalación dunha rede de depuración e conexión á fosa séptica existente.
A1.2.5 Acto público de entrega e recepción das vivendas.
RE 1.3 Ao 12º mes xeráronse propostas de políticas públicas e desenvolvéronse accións comunitarias para a xestión social do hábitat no municipio de Ramón Santana.
A1.3.1 Formación sobre auditoría social e xestión social do hábitat.
A1.3.2 Formación sobre xestión e manexo efectivo da auga como ben público e como dereito humano.
A1.3.3 Formación a autoridades municipais sobre "Política social do Hábitat".
A1.3.4 Elaboración dun diagnóstico participativo sobre espazos públicos amigables co medio no batey Cubana
A1.3.5 Campaña comunitaria sobre dereito a unha vivenda digna, uso de espazos comunitarios e eliminación de monóxido de carbono.
A1.3.6 Construción dun espazo para esparexemento comunitario no batey Cubana.
RE 1.4 Ao 12º mes fomentouse a resiliencia comunitaria, cun enfoque integral, ante os impactos xerados a Covid-19 nos bateyes de Cubana, La Balsa e Olivares.
A1.4.1 Dotación de material sanitario básico aos Fogares Comunitarios de Saúde dos bateyes.
A1.4.2 Distribución de 293 kits de protección familiar e 450 kits de dignidade para mulleres dos bateyes.
A1.4.3 Formación a promotoras de saúde sobre COVID-19, enfermidades prevalentes, anticoncepción e coidados.
A1.4.4 Creación de grupos de apoio familiar para a xestión da tensión.
A1.4.5 Formación a familias para o acompañamento educativo no fogar.
RE 1.5 Ao 7º mes xeráronse mecanismos de atención, mitigación e resposta a situacións de emerxencia psicosocial, agudizadas pola COVID-19, no municipio de Ramón Santana.
A1.5.1 Elaboración dunha guía de recursos e de servizos sobre atención psicosocial da poboación e a casos de violencia de xénero.
A1.5.2 Formación sobre atención a emerxencias psicolóxicas e intervención en crise.
A1.5.3 Ciclo de conversatorios con titulares de responsabilidades do municipio de Ramón Santana.
A1.5.4 Xantar conversatorio coas institucións gobernamentais garantes de dereitos e atención ás emerxencias.
RE 1.6 Ao 12º mes fortalecidas as organizacións comunitarias de defensa dos DDHH e impulsados procesos de transformación sobre patróns de desigualdade e dereitos sexuais e reprodutivos das dominicanas.
A1.6.1 Formación á rede de promotoras dos DDHH sobre identificación de vulneración de dereitos e derivación de casos.
A1.6.2 Formación a formadores sobre novas masculinidades.
A1.6.3 Ciclo de cinema-fórum sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
A1.6.4 Formación en comunicación participativa para Foro Feminista.
A1.6.5 Implementación dunha campaña sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
RE 1.7 Ao 12º mes reforzáronse os recursos tanxibles e intangibles para a incidencia política das e os habitantes dos bateyes Cubana e La Balsa a través de procesos de comunicación participativa.
A1.7.1 Formación de mozas do batey Cubana e La Balsa en activismo audiovisual para a creación da súa propia plataforma de difusión.
A1.7.2 Creación dun centro de produción de comunicación comunitaria no batey.
A1.7.3 Formación a 15 mulleres en radio comunitaria e dotación de equipamento básico para creación de podcast.
A1.7.4 Realización de programas de radio en directo nas comunidades.
Directa: 420 homes, 458 mulleres, 276 nenos e 268 nenas.
Indirecta: 3.750 homes e 3.750 mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 225.000,00 € (2021:90.000,00 € ; 2022:135.000,00 €)