Proxectos

Promover a soberanía alimentaria e actividades económicas sustentables, xestionadas por mulleres, mellorando as cadeas de valor locais para a produción agrícola e marisqueira nas illas de Bolama e Soga (Guinea Bissau)

O proxecto ten como obxectivo promover o dereito á alimentación e os dereitos económicos e sociais de mulleres en situación de vulnerabilidade nas illas de Bolama e Soga (Guinea  Bissau), a través de iniciativas de mellora da produción e transformación de alimentos procedentes de agricultura e pesca, potenciando o acceso e control sobre recursos das mulleres e a sustentabilidade ambiental. O proxecto identificouse a partir da demanda expresa da agrupación de mulleres campesiñas de  Bolama e foi formulado de maneira participativa conxuntamente coa Asociación local  PROBOLAMA, socio local no proxecto, e coa participación activa de titulares de dereitos (mulleres campesiñas das illas) e de obrigacións (Gobernador da illa de Bolama, dirección rexional de agricultura e autoridades locais).

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

  PROBOLAMA

Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
15220 - Construción da paz e prevención e solución de conflitos
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: O obxectivo xeral do proxecto é “Mellorar as condicións de vida da poboación das illas de Bolama e Soga de forma sustentable promovendo os dereitos sociais e económicos e a igualdade de xénero”. O proxecto contribuirá especialmente ao pleno goce dos dereitos á alimentación e aos dereitos das mulleres. Contribuirase ao dereito á alimentación en todas as súas dimensións, mellorando a dispoñibilidade de alimentos, o acceso físico e económico das persoas máis vulnerables a unha dieta variada e de calidade, e a sustentabilidade da produción de alimentos a pequena escala, respectuosos co medio ambiente.

Obxectivo específico: O proxecto plantexa mellorar a soberanía alimentaria de 550 produtoras (330 horticultoras, 80 mariscadoras e 140 campesiñas que espremen o aceite de palmeira) das illas de Bolama e Soga e das súas familias que se beneficiarán pola mellora de acceso a alimentación variada, e mellora de ingresos. Mellorará ademais a posición e condición das mulleres na sociedade a través do acceso e control sobre recursos e beneficios das actividades económicas. O proxecto influirá positivamente no medio ambiente reducindo as emisións e promovendo modelos sustentables a pequena escala.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Seis perímetros hortícolas xestionados por mulleres en funcionamento de maneira sustentable asegurando a dispoñibilidade de alimentos de calidade nas illas de Bolama (3) e Soga (3).

  • A.1.1.1 Selección, legalización, limpeza e preparación dos terreos para os perímetros hortícolas coa participación da comunidade local.
  • A 1.1.2 Creación dos comités de xestión das hortas de forma participativa cos grupos de mulleres.
  • A 1.1.3 Construción dos valados para protección e delimitación das parcelas.
  • A 1.1.4 Prospección e construción de pozos artesanais mellorados con tecnoloxía innovadora para abastecer de rega ás parcelas.
  • A 1.1.5 Distribución de insumos: ferramentas e sementes, entre o colectivo meta.

RE 1.2 Garantido o acceso a unha dieta variada, adecuada ao contexto local, incluíndo alimentos con alto valor nutricional.

  • A 1.2.1 Facilitación e asesoría para a planificación e organización dos labores de produción nas hortas comunitarias.
  • A 1.2.2 Realización dos seminarios de formación en técnicas hortícolas sustentables en cada unha das hortas con participación de todas as mulleres.
  • A 1.2.3 Asesoría continuada (formación en servizo) por parte das técnicas expertas en horticultura en todas as hortas durante o ciclo completo de cultivo para a planificación de sementa, diversificación do cultivo, tratamento de pragas, etc.
  • A 1.2.4 Introducido o cultivo de moringa e a batata doce, plantas de alto valor nutricional.
  • A 1.2.5 Realización de demostracións de receitas para o consumo de moringa e produtos altamente nutricionais e promover a hixiene e unha dieta variada.

RE 1.3 Melloradas as condicións de transformación, distribución e venda das cadeas de valor locais para a produción agrícola e marisqueira.

  • A 1.3.1 Acompañamento aos comités de xestión das hortas para acordar posturas en canto a prezos, calendario e condicións de venda dos excedentes de produción e a apertura de canles de comercialización nos mercados locais, itinerantes etc.
  • A 1.3.2 Construción de 8 afumadeiros mellorados de marisco que melloren a eficiencia ecolóxica do proceso.
  • A 1.3.3 Sensibilización das mulleres mariscadoras sobre as vantaxes do uso de afumadeiros mellorados para a transformación dos produtos do marisqueo.
  • A 1.3.4 Distribución de 14 prensas de aceite de palma que permitan reducir o esforzo físico das mulleres produtoras aumentando, ao mesmo tempo, o rendemento e a calidade do produto.

RE 1.4 Fortalecida a posición e condición das mulleres dentro das comunidades participantes no proxecto.

  • A 1.4.1 Realización de seminarios de formación sobre xestión de rendementos económicos, aforro e pequenos investimentos en cada unha das hortas con participación de todas as mulleres.
  • A 1.4.2 Reunións das representantes das comunidades implicadas coas autoridades tradicionais e administrativas sectoriais para a presentación do proxecto, os seus progresos e resultados.
  • A 1.4.3 Asesoría continuada por parte dunha especialista en xénero e desenvolvemento comunitario para o establecemento e posta en práctica, en cada unha das unidades de produción agrícola, dun sistema de xestión comunitario equitativo.
  • A 1.4.4 Intercambio de experiencias de representantes das hortas de Bolama e Soga coa rede de mulleres campesiñas da rexión de Cambadjú.
Poboación beneficiaria: 

Esta intervención beneficiará directamente a un total de 550 produtoras (330 horticultoras, 80 mariscadoras e 140 campesiñas).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2020: 70.000 €; 2021: 105.000 €)