Promover a soberanía alimentaria e o acceso a recursos económicos das mulleres, impulsando a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental, na illa de Uracane (Guinea Bissau)
O proxecto busca promover a soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental na illa de Uracane (Guinea Bissau), fortalecendo o acceso a alimentos, auga potable e medios de vida. Céntrase en empoderar as mulleres Bijagós mediante hortas comunitarias, técnicas produtivas melloradas e a protección do manglar. Tamén impulsa a rendibilidade de actividades tradicionais como horticultura, marisqueo, salicultura e produción de aceite de palma. En total, 1.130 persoas beneficiaranse de mellores condicións económicas, organizativas e de benestar comunitario.
PROBOLAMA
Xeral: Contribuír a reducir a pobreza da illa de Uracane promovendo a igualdade de xénero e a protección do medio ambiente.
Específico: Promover a soberanía alimentaria e o acceso a recursos económicos das mulleres, impulsando a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental na illa de Uracane.
RE 1.1. Implementado un sistema de coordinación, seguimento, avaliación e difusión do proxecto de forma participativa e con enfoque de xénero.
A.1.1.1. Celebración de reunións mensuais de coordinación.
A.1.1.2. Realización dunha auditoría externa do proxecto.
A.1.1.3. Realización dunha avaliación final independente con enfoque de xénero.
A.1.1.4. Difusión do proxecto en Guinea Bissau e en Galicia.
RE 1.2. Mellorado o acceso ao dereito á alimentación e á auga potable na illa de Uracane, cun enfoque de soberanía alimentaria.
A.1.2.1. Identificación, limpeza e adecuación de terreos coa colaboración da poboación local.
A.1.2.2. Legalización de terreos a nome dos grupos de mulleres.
A.1.2.3. Construción de infraestrutura (pozos, valados).
A.1.2.4. Formación de mulleres en técnicas hortícolas ambientalmente sostibles.
A.1.2.5. Distribución de insumos (ferramentas agrícolas e sementes) e seguimento do traballo nas hortas comunitarias.
A.1.2.6. Construción de 4 sistemas de abastecemento de auga.
RE 1.3. Mellorada a rendibilidade e reducido o impacto ambiental das actividades económicas tradicionais realizadas por mulleres na illa de Uracane.
A.1.3.1. Introdución dun sistema de extracción de sal solar sostible.
A.1.3.2. Construción de afumadoiros mellorados ecolóxicos nas comunidades con maior actividade marisqueira.
A.1.3.3. Distribución de ferramentas artesanais para marisqueo.
A.1.3.4. Introdución de máquinas de produción artesanal de aceite de palma.
RE 1.4. Fortalecido o tecido asociativo das mulleres produtoras da illa de Uracane.
A.1.4.1. Rexistro legal da asociación de mulleres produtoras.
A.1.4.2. Creación dun espazo de traballo colaborativo e de interacción.
A.1.4.3. Organización dunha Asemblea de Mulleres Produtoras do arquipélago na illa de Uracane.
A.1.4.4. Creación dos Comités de Xestión de hortas comunitarias e pozos.
Directa: 1.130 (780 mulleres/nenas, 350 homes/nenos)
Indirecta: 2.800 (1500 mulleres/nas, 1300 homes/nenos)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)