Proxectos

Promovido o acceso ao dereito á vivenda e o saneamento básico para as 57 mulleres e un home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da comunidade rural Kothapalli, do distrito de Anantapur, India, mellorando a súa seguridade, a saúde comunitaria, o medio ambiente e a autoorganización da comunidade.

O proxecto pretende crear un asentamento humano inclusivo, digno e seguro na aldea rural de Kothapalli, distrito de Anantapur, para familias pertencentes ás castas máis desfavorecidas da India. Para iso proponse a construción de 58 vivendas adaptadas ás demandas da Covid-19, facendo efectivos os dereitos de acceso a vivenda e saneamento de 57 mulleres, 1 home con discapacidade e os seus familiares. Esta actividade principal complementarase con outras, relativas á mellora dos niveis de concienciación e coñecemento sobre o dereito ao saneamento e as boas prácticas de hixiene e  xestión doméstica da auga. O proxecto tamén traballará para reducir as fortes desigualdades e discriminacións por razón de xénero, casta e discapacidade presentes na India,  fortalecendo ademais estruturas organizativas e institucións da sociedade civil, e promovendo a participación e a toma democrática de decisións. Finalmente, tamén impulsará a creación dunha contorna de vida saudable a través do impulso á conservación do medio ambiente, a xestión dos residuos e a reciclaxe. Todo por medio do traballo conxunto con Panchayat (goberno local), o Comité de Desenvolvemento Comunitario (CDC), as organizacións de base (sanghams de mulleres e grupos de persoas con discapacidade), as persoas beneficiarias e a contraparte local (Rural Development Trust). 

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Zona de actuación: 
Anantapur (distrito)
Andhra Pradesh (estado)
Axentes: 
VICENTE FERRER (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Rural Development Trust (RDT)

Código CRS: 
14032 - Saneamento básico
1516000 - Dereitos humanos
16040 - Vivendas de baixo custo
41081 - Educación / formación medioambiental
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á promoción do dereito a un nivel de vida adecuado da poboación rural máis desfavorecida de Andhra Pradesh, India.

Específico: Promovido o acceso ao dereito á vivenda e saneamento básico para as 57 mulleres e un home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da comunidade rural Kothapalli, do distrito de Anantapur, India, mellorando a súa seguridade, a saúde comunitaria, o medio ambiente e a autoorganización da comunidade

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Habilitado o dereito a unha vivenda digna en propiedade para 57 mulleres e 1 home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da aldea rural de Kothapalli no distrito de Anantapur.

            A.1.1.1 Construción das vivendas

            A.1.1.2 Selección do traballador voluntario de obra

            A.1.1.3 Entrega das vivendas en acto formal de inauguración.

 

RE 1.2 Habilitado o dereito a un saneamento básico e mellorada a hixiene comunitaria, cun enfoque de prevención da Covid-19, para 117 mulleres e 121 homes pertencentes aos colectivos máis desfavorecidos da aldea rural de Kothapalli no distrito de Anantapur.

            A.1.2.1 Construción de letrinas con aseo.

            A.1.2.2 Taller de sensibilización e construción de capacidades sobre saneamento e hixiene para todas as persoas beneficiarias

            A.1.2.3 Talleres de sensibilización sobre saneamento e hixiene en institutos da zona para 150 mozos e mozas adolescentes

            A.1.2.4 Pintado de murais en paredes dalgunhas das novas vivendas

 

RE 1.3 Reforzadas e empoderadas na súa capacidade de autoorganización 58 familias beneficiarias, xunto coas organizacións comunitarias de mulleres da aldea rural de Kothapalli no distrito de Anantapur.

            A.1.3.1 Reconfirmación de persoas beneficiarias e comunicación de inicio do proxecto

            A.1.3.2 Constitución do Comité de Construción

            A.1.3.3 Reunións periódicas do Comité de Construción

            A.1.3.4 Taller de capacitación para o Comité de Construción sobre os procesos de construción

            A.1.3.5 Realización de taller de sensibilización aos provedores e albaneis sobre as medidas preventivas de propagación do COVID -19

            A.1.3.6 Proceso de negociación colectiva para fixar prezos entre o Comité de Construción e os provedores de materiais e man de obra

            A.1.3.7 Taller de xénero para 92 mulleres pertencentes aos sanghams

            A.1.3.8 Taller de xénero para maridos

 

RE 1.4 Fomentada unha contorna de vida saudable mediante o aumento da concienciación sobre a importancia da conservación do medio ambiente e das boas prácticas en xestión de residuos na comunidade rural Kothapalli

            A.1.4.1 Taller de sensibilización para o CDC e o Comité de Construción sobre a importancia do medio ambiente limpo e a necesidade da Plantación de Árbores

            A.1.4.2 Plantación de árbores froiteiras e seguimento

            A.1.4.3 Realización “Clean Up” na comunidade de Kothapalli e arredores

            A.1.4.4 Pinturas Murais sobre o coidado do medio ambiente e os impactos sobre o quentamento global da terra

Poboación beneficiaria: 

Directa: 330 persoas (55 homes e 154 mulleres, 66 nenos e 55 nenas)

Indirecta: 1.279 persoas (591 homes e 567 mulleres; 121 nenos/as)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)