Proxectos

¡Protección AH-ora! Fortalecer a Acción Humanitaria, localizada e diversa para a protección integral de persoas LGBTIQ+ desprazadas no Salvador

Dende 2022, ACPP e Asociación Comunicando e Capacitando a Mulleres no Salvador (COMCAVIS) traballaron en alianza para fortalecer a protección integral de persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento forzado no Salvador. Este esforzo materialízase na Casa Refuxio Karla Avelar, o único albergue seguro no país e na rexión para persoas sexo-xénero disidentes. Esta terceira fase de intervención consolida un enfoque feminista, interseccional e localizado que non só busca aliviar o sufrimento, senón tamén fortalecer as capacidades de COMCAVIS.

A proposta estrutúrase en tres eixos de acción:

- Atención e refuxio temporal seguro na Casa Refuxio Karla Avelar. Garántese un espazo seguro, oportuno, confidencial e coordinado, ofrecendo aloxamento temporal, atención médica, apoio psicosocial, asesoría legal e acompañamento para a reintegración social.

- Asistencia humanitaria digna e resiliencia económica. Garántese o acceso a dereitos básicos como hixiene, alimentación e vivenda, reforzando a entrega de kits de dignidade persoal e incorporando kits de vestimenta. Tamén se amplía o impacto das transferencias monetarias multiuso.

- Fortalecemento do enfoque feminista interseccional e liderado humanitario de COMCAVIS. Lanzarase unha nova tempada do podcast “Voces Transformadoras” e reforzaranse os recursos psicoemocionais do equipo de COMCAVIS.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Asociación Comunicando e Capacitando a Mulleres no Salvador (COMCAVIS)

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar o acceso aos dereitos básicos de persoas LGTBIQ+ en especial situación de vulnerabilidade.

Específico: Fortalecer a resposta humanitara integral para persoas LGTBIQ+ en situación de desprazamento no Salvador e das capacidades de COMCAVIS para a abordaxe humanitaria dende unha perspectiva feminista.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 A Casa Refuxio Karla Avelar (CRKA) ofrece atención e refuxio temporal seguro, oportuno, confidencial e coordinado dende un enfoque humanitario integral de calidez e calidade.

            A.1.1.1 . Mellora do espazo, rexistro e seguemento de casos de resguardo de persoas LGBTIQ+ no albergue CRKA

A.1.1.2. Atención legal a persoas LGBTIQ+ en situación de despramento forzado

A.1.1.3. Atención psicosocial a persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento forzado

A.1.1.4. Avaliación e atención médica a persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento forzado

A.1.1.5. Calendario de actividades para o benestar físico e emocional no espazo de mobilidade da CRKA

RE 1.2. Persoas LGTBIQ+ en situación de vulnerabilidade acceden a servizos de proteción integral.

A.1.2.1. Produtos de primeira necesidade para persoas LGBTIQ+ albergadas na CRKA

A.1.2.2. Entrega de cash transfer de arrendamento para persoas LGBTIQ+ desprazadas

A.1.2.3. Apoio humanitario a través de vouchers para alimentación a personas LGBTIQ+ desprazadas

RE 1.3 Impulsada a adopción do enfoque feminista interseccional como eixo transformador na acción humanitaria de COMCAVIS, mellorando a atención integral e incidencia para garantir e reparar os derecitos de persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento.

A.1.3.1. Campaña nacional de formación social de imaxinarios

A.1.3.2. Reforzo de capacidades organizacionais e operativas de AH de COMCAVIS

A.1.3.3. Desenvolvemento dun intercambio de experiencias entre organizacións de ALC para o fomento dunha axenda humanitaria con enfoque feminista e local

A.1.3.4. Sesións de cuidado colectivo e sanación do equipo operativo de COMCAVIS que brinda atención ás persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento

Poboación beneficiaria: 

Directa: 112 (82 mulleres, 20 homes)

Indirecta: 2080 (1664 mulleres, 916 homes)

Axudas: 

75.000,00 € (2025)