Proxectos

Protección Civil saharauí- Fase II

O proxecto de “A Protección Civil Saharauí” pasou por diferentes fases e momentos, debido a pandemia e o conflito bélico entre o Sáhara Occidental e Marrocos en 2020 o proxecto viuse obrigado a deter durante uns anos. No 2023 retomouse e deuse inicio a “Reactivación da protección civil saharauí”, o obxectivo final do proxecto é dotar de servizo de Protección Civil (bombeiros) aos campamentos saharauís, beneficiando a máis de 170.000 persoas que actualmente carecen de atención básica en emerxencias.

Na fase anterior, “Reactivación da protección civil saharauí”(2023), reactiváronse e puxéronse en marcha dous dos catro parques previsto. Na fase proposta para esta convocatoria, “A protección civil saharauí- fase II”, continuarase co traballo destes dous parques e acondicionarase un terceiro. As actividades propostas para logralo son: Selección e formación continua do persoal dos parques, mantemento e acondicionamento dos parques, consecución e envío dos materiais necesarios para o desempeño da protección civil e pago dos salarios do equipo de bombeiros/as.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Deserto arxelino (zona occidental)
Axentes: 
AIRE- ASOCIACIÓN INTEGRAL RESCATE EN EMERXENCIAS
Contraparte: 

Ministerio do Interior da República árabe saharaui democrática

Obxectivos: 

Xeral: Protexer ás persoas e os bens dos campamentos saharauís, fomentando a resiliencia da poboación saharauí e reducindo a súa exposición e vulnerabilidade ante fenómenos extremos orixinados por causas naturais, agravadas polo cambio climático, económicas e/ou sociais.

Específico: Incrementada a seguridade da poboación saharauí e fortalecida a súa capacidade de resposta ante situacións de crises mediante a reactivación do servizo de protección civil saharauí nos campamentos.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Persoal contratado nos parques, formado en materias sanitarias, de protección civil e antiincendios.

           A.1.1.1: Publicarase a oferta de traballo e o xefe de bombeiros realizará la selección do persoal no parque de rebuni.

A.1.1.2: Leváranse a cabo acciones formativas para todo o equipo en materias de antiincendios, protección civil e sanitarias. Un equipo de catro persoas desprazarase aos campamentos dúas veces durante a execución do proxecto para levar a cabo as formacións do persoal.

RE 1.2: Parques de bombeiros dotados de materiais (camións, ambulancias, traxes, motobombas, extintores, etc) en bo uso para a atención en emerxencias.

A.1.2.1: Dotación de materiais, compra e envío de vehículos e materiais para dotar os parques de bombeiros.  

A.1.2.2: Realizaranse sesións de mantemento do materiais profesionais do parque cada quenda e de forma mais intensiva unha vez ao mes, o inventario dos parques actualizarase nese momento. Levaranse a reparar, se é necesario, todos os elementos que teñan que ser arranxados.  

RE 1.3: Servizo de protección civil saharauí activo.

A.1.3.1: Intervención dos equipos de protección civil nas situacións de emerxencia que se produzan nos campamentos saharauís.

A.1.3.2: Formación para a poboación, preferentemente nos centros educativos, en materia de prevención de accidentes e primeiros auxilios.

RE 1.4: Financiación sostible a longo prazo.

A.1.4.1: Realizar unha análise exhaustiva das posibles fontes de financiamento nacionais, tanto públicas como privadas para identificar potenciais doadores e programas de financiamento axeitados para o proxecto.

A.1.4.2: Escribir e presentar propostas de financiamento ben estruturadas e aliñadas cos requisitos dos doadores identificados.

A.1.4.3: Establecer actividades que xeren ingresos propios, como a venda de produtos, servizos de formación e outras empresas sustentables.

A.1.4.4: Crear alianzas con empresas privadas, fundacións e outras ONG para obter financiamento e recursos adicionais

Poboación beneficiaria: 

Directa: segundo os datos oficiais publicados por ACNUR, en 2018 sería de 87.00 persoas (49% mulleres y 51% homes).

Indirecta: 173.000 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 €