A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Un camiño de transformación social para a prevención da violencia
Desde o ano 2022 Educo implanta en Galicia unha liña de traballo estable orientada a prevención da violencia contra a infancia e a promoción do dereito á protección, a través de distintas iniciativas de Educación para a Transformación Social apoiadas pola Xunta de Galicia, en concreto, destacase o proxecto “A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030” aprobado nas súas convocatorias de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nos anos 2022, 2023, 2024 e 2025.
Ao longo destas catro edicións, o proxecto consolidouse unha proposta educativa orientada á sensibilización, formación e mobilización cidadá en torno á protección da infancia, fomentando o desenvolvemento de competencias para unha cidadanía global, crítica, activa e comprometida, especialmente entre nenas, nenos e adolescentes, persoal educador e alumnado universitario. As avaliacións realizadas teñen evidenciado avances significativos no coñecemento e concienciación sobre a violencia contra a infancia, así como no fortalecemento da participación e axencia dos grupos participantes.
Partindo destas aprendizaxes e coa vontade de afondar e ampliar o impacto acadado, preséntase esta nova proposta, centrada na análise, a sensibilización, a formación e a mobilización contra a violencia cara a infancia a nivel global, cun foco específico nas nenas, desde un enfoque integrado que combina a perspectiva local-global, a interseccionalidade e a mirada de xénero.
A violencia contra a infancia constitúe un fenómeno global que afecta a millóns de nenas e nenos en todo o mundo. Esta problemática representa unha vulneración grave dos dereitos da infancia que pode manifestarse de múltiples formas: física, psicolóxica, sexual institucional, dixital, entre iguais ou estrutural. Lonxe de tratarse de situacións illadas, responde a dinámicas estruturais que requiren unha resposta integral e preventiva. Neste contexto, Educo aposta por facilitar espazos de sensibilización e formación para previr, identificar e afrontar situacións de violencia articulando propostas como a presente co obxectivo principal de Contribuír á construción dunha cidadanía global crítica, activa e comprometida coa Transformación Social e a Xustiza Global en Galicia fortalecendo a defensa e o exercicio efectivo dos DDII, con especial atención ás desigualdades e violencias que afectan de maneira diferenciada ás nenas, a prevención da violencia e a promoción do bo trato na infancia, mediante procesos de Educación para a Transformación Social, mobilización e incidencia desde un enfoque local-global, en liña coa Axenda 2030. Para isto, defínense como obxectivos específicos o fortalecer as capacidades e a participación activa de profesionais educativos, NNA dos ámbitos formal e non formal, e alumnado universitario galego na prevención da violencia contra a infancia e na promoción do bo trato, mediante accións de formación, sensibilización e mobilización social en Educación para a Transformación Social, incorporando a perspectiva do Sur Global e un enfoque interseccional e de xénero.
Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global crítica, activa e comprometida coa Transformación Social e a Xustiza Global en Galicia fortalecendo a defensa e o exercicio efectivo dos DDII, con especial atención ás desigualdades e violencias que afectan de maneira diferenciada ás nenas, a prevención da violencia e a promoción do bo trato na infancia, mediante procesos de Educación para a Transformación Social, mobilización e incidencia desde un enfoque local-global, en liña coa Axenda 2030.
Específico: Fortalecer as capacidades e a participación activa de profesionais educativos, NNA dos ámbitos formal e non formal, e alumnado universitario galego na prevención da violencia contra a infancia e na promoción do bo trato, mediante accións de formación, sensibilización e mobilización social en Educación para a Transformación Social, incorporando a perspectiva do Sur Global e un enfoque interseccional e de xénero.
RE 1.1. Elaborados materiais e itinerarios pedagóxicos dirixidos a NNA, profesionais educativos e alumnado universitario galego na prevención da violencia contra a infancia e na promoción dunha cidadanía global e a cultura de paz, dende un enfoque local‑global, poñendo énfase nos DDII, a interseccionalidade, o xénero, e en liña coa Axenda 2030.
A.1.1.1. Elaborar 3 itinerarios pedagóxico e formativo baseado en contidos teórico prácticos en materia de protección á infancia, violencia, Educación para a Transformación Social e Cultura de Paz, adaptado aos distintos grupos de participación (NNA, profesionais do eido da educación e alumnado universitario).
A.1.1.2. Crear e adaptar os materiais didácticos e pedagóxicos a linguaxes, metodoloxías e soportes específicos para os grupos participantes (NNA, profesionais da educación e alumnado universitario), incorporando dinámicas participativas e un enfoque teórico práctico.
A.1.1.3. Recompilar, analizar, sistematizar e adaptar experiencias e proxectos de protección á infancia desenvolvidos por Educo no Sur Global en torno á protección.
RE 2.1. Fortalecidas as capacidades de profesionais educativos, NNA e alumnado universitario galego para a prevención da violencia contra a infancia e a promoción da Cultura de Paz, mediante procesos formativos e de sensibilización dende o enfoque de Educación para a Transformación Social e en consonancia coa Axenda 2030.
A.2.1.1. Planificar e desenvolver a lo menos 12 sesión de formación ou sensibilización na que participen 150 NNA de centros educativos galegos en materia de Educación Transformadora, prevención da violencia e fomento do bo trato e a Cultura de Paz.
A.2.1.2. Deseñar e desenvolver a lo menos 10 sesións de formación na que participen a lo menos 50 profesionais educativos, dos ámbitos formal e non formal, en materia de Educación Transformadora, prevención da violencia e fomento do bo trato e a Cultura de Paz.
A.2.1.3. Coordinar e executar a lo menos 10 sesións formativas dirixidas ao alumnado universitario (400 persoas) participante nos proxectos de Aprendizaxe e Servizo relativos ao R1.3.
A.2.1.4. Deseñar e aplicar mecanismos de evaluación (pre-test y post-test, enquisas de satisfacción e ferramentas cualitativas) para medir os cambios nos coñecementos, actitudes e prácticas dos grupos participantes.
RE 3.1. Incrementado o protagonismo e capacidades para a transformación social dos grupos participantes (NNA e alumnado universitario) mediante o desenvolvemento de iniciativas de sensibilización e mobilización social na defensa do dereito á protección da infancia dende un enfoque de Educación para a Transformación Social, DDII, xénero e interseccionalidade en liña coa Axenda 2030.
A.3.1.1. Deseñar e implementar proxectos de Aprendizaxe e Servizo co alumnado universitario orientados á promoción dos dereitos da infancia, o bo trato e a cultura de paz.
A.3.1.2. Organizar e dinamizar procesos de participación infantil para o deseño de iniciativas de sensibilización e mobilización social lideradas por NNA.
A.3.1.3. Desenvolver as iniciativas de sensibilización e mobilización social deseñadas e promovidas por NNA e alumnado universitario galego para a promoción de dereitos e da protección da infancia, a non violencia e a Cultura de Paz.
A.3.1.4. Deseñar, organizar e dinamizar un evento participativo aberto á cidadanía para a difusión, intercambio e socialización das iniciativas, aprendizaxes e resultados xerados polos grupos participantes ao longo do proceso de Aprendizaxe e Servizo.
RE 4.1. Visibilizada a importancia do dereito á protección da infancia e das medidas de prevención da violencia contra a infancia entre a cidadanía galega a través da difusión e socialización das accións e produtos xerados polos grupos participantes en materia de Educación para a Transformación Social e a Cultura de Paz.
A.4.1.1. Deseñar e desenvolver un Plan de Comunicación en Galicia no abeiro do programa.
A.4.1.2. Realizar obradoiros participativos para a creación colectiva dun material de comunicación para a Transformación Social con un enfoque do Sur Global.
A.4.1.3. Deseñar e producir unha exposición itinerante para a difusión dos materiais xerados no abeiro do programa.
Directa: 800 persoas (349 homes e 451 mulleres)
Indirecta: 731.436 persoas (352.752 homes e 378.684 mulleres)
Xunta de Galicia: 90.000,00 € (22.500,00 € en 2026, 33.750,00 € en 2027 e 33.750,00 € en 2028)