Protección da infancia vulnerable en Grand Goave, Haití.
Esta proposta, está encamiñada a crear un marco para a protección dos e as nenas na Comuna de Grand Goave, de modo que os nenos e nenas estean mellor protexidos contra a violencia, o abuso e a explotación, garantindo o cumprimento dos seus dereitos. O proxecto enmárcase dentro dun programa multisectorial desenvolvido por Tdh desde o 2010, e a presente proposta aspira a continuar unha resposta ás necesidades da poboación beneficiaria, á vez que consolida as accións levadas a cabo nos proxectos anteriores, reforzando as formacións dadas, implicando e responsabilizando ás autoridades competentes e achegado os medios necesarios para poñer en marcha as boas prácticas e a transferencia de competencias, a través de tres liñas de acción principais de actuación: A atención directa dos nenos, nenas e adolescentes vulnerables; o fortalecemento dos mecanismos comunitarios de protección da infancia; e o fortalecemento dos mecanismos gobernamentais de protección da infancia.
Fundación Tierra de Hombres - Haití (Tdh-H)
Obxectivo xeral: Garantir os dereitos da infancia vulnerable de Grand Goave
Obxectivo específico: Contribuír á mellora da protección e prevención dos e as nenas fronte aos riscos de abuso, explotación, violencia e separación familiar, cunha atención individualizada e implicando á súa comunidade
Resultado 1.1: Realizouse un seguimento individual multidisciplinar, por parte de Tdh-H co CIPEGG e o IBESR en resposta ás necesidades dos e as nenas e adolescentes vulnerables nas comunidades de actuación
Actividades
A.1.1.Seguimento de protección individualizado de 108 nenos e nenas vulnerables en comunidades da comuna de Grand Goave:
A.1.2.Sensibilización de 60 adolescentes (50 nais adolescentes ou xestantes) sensibilizadas para unha integración laboral.
A.1.3.Capacitación dos 20 traballadores dos 8 Centros Residenciais sobre principios relativos á acollida e a protección do neno.
A.1.4.Reunións preparatorias para a creación dunha rede de Centros Residenciais:
A.1.5.Validación por parte de IBERS do dispositivo interagencia e posto en marcha de forma piloto en 4 familias de acollida
Resultado 1.2: Os actores da sociedade civil e asociacións comunitarias reforzaron as súas capacidades para mellorar a prevención de abusos, violencia e separación familiar dos e as nenas e adolescentes vulnerables na zona de intervención
Actividades
2.1. Implicar á comunidade na prevención e protección de casos a través de xornadas de sensibilización levadas a cabo por líderes comunitarios formados en etapas anteriores
A.2.2.Formación de membros de asociacións comunitarias: (polo menos 35 líderes comunitarios)
A.2.3. Sensibilización en escolas na prevención e protección de casos a través de xornadas de sensibilización levadas a cabo por líderes comunitarios formados en etapas anteriores
Resultado 1. 3: Reforzáronse os mecanismos gobernamentais de protección da infancia
Actividades
A.3.1.Realización de reunións con autoridades estatais para a transferencia de competencias.
A.3.2.Realización de actividades de promoción para a divulgación das leis sobre a adopción e o tráfico de nenos:
A.3.3. Realización dunha enquisa sobre a separación de nenos e nenas.
Directa: A poboación beneficiaria directa total é de 1.182 persoas, respondendo a: 108 nenos e nenas (casos de nenos presentan problemas de abuso e / ou malos tratos, ou problemas familiares, sociais, de saúde e / ou psicolóxicos); 40 nenos e nenas que se atopan nos 8 Centros Residenciais; 20 traballadores/as dos 8 CR existentes en Grand Goave; 60 adolescentes (50 mulleres e 10 homes) nais xestantes ou nais adolescentes identificadas; 400 adolescentes da cidade de GG; 35 líderes comunitarios pertencentes ás 6 asociacións locais; 10 membros dos comités de mozos, pais e CIPEGG; 5 traballadores do IBESR; 4 nenos/as vítimas de neglixencias ou de abusos situados en 4 en fogares temporais; 500 nenos/as dos 13 colexios onde se impartirán actividades de sensibilización.
Indirecta: Os beneficiarios indirectos son toda a poboación da cidade de Gand Goave, que participan nas actividades psicosociais, coñecen a normativa legal de protección da infancia, reforzan as súas capacidades en prevención e detección de casos na súa comunidade.
67.079,00 € (2014)