Proxectos

Protección do dereito á saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos con perspectiva de xénero nun contexto de naturalización da violencia e crise humanitaria esquecida en Beni, Kivu Norte, RDC

Esta intervención ten como obxectivo contribuír ao exercicio do dereito á saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos da poboación máis vulnerable afectada pola violencia sistemática, o desprazamento e a crise humanitaria da República Democrática do Congo. Un país inmerso nunha das situacións humanitarias máis complexas e desafiantes do mundo, con múltiples conflitos que afectan a varias partes do seu territorio desde hai case tres décadas.

A proposta céntrase en garantir o acceso a servizos esenciais e de calidade para persoas desprazadas; en reforzar os mecanismos de prevención, identificación e atención integral a sobreviventes de violencia de xénero, e en fortalecer o acceso á información, participación e mecanismos de rendición de contas.

 

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CONGO, REPÚBLICA DEMOCRÁTICA
Zona de actuación: 
Beni (rexión)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Programme de Promotion de Soins de Santé Primaire (PPSSP)

Código CRS: 
70000 - Axuda humanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao exercicio do dereito á saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos (DSR) da poboación máis vulnerable afectada pola violencia sistemática, o desprazamento e a crise humanitaria da República Democrática do Congo (RDC)

Específico: Fortalecer o acceso á saúde e os mecanismos de prevención, atención e protección fronte á violencia sexual e baseada en xénero (VSeBX) entre a poboación desprazada interna e en situación de vulnerabilidade da Zona de Saúde (ZS) de Beni nun contexto de crise crónica, esquecida e de violación de dereitos en Kivu Norte, RDC

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Garantido o acceso a servizos de saúde esenciais e de calidade para a poboación desprazada interna e afectada pola crise humanitaria na Zona de Saúde de Beni coa mirada na SSR e na atención integral a SVS

            A.1.1.1. Formación a persoal sanitario de estruturas de saúde (ES) de Butsili, Ngilinga e Boikene en atención médica da VSeVBX con énfase en sistemas de referenciación e ferramentas de xestión de casos

            A.1.1.2. Formación a conselleiras comunitarias das áreas de saúde de Butsili, Ngilinga e Boikene para asesoría a SVS e promoción dos servizos dispoñibles de SSR

            A.1.1.3. Abastecemento en medicamentos xenéricos e específicos para a atención de urxencia ás necesidades en saúde da poboación vulnerable das ES de Butsili, Ngilinga e Boikene

            A.1.1.4. Asistencia sanitaria de urxencia, con especial atención á SSR, á VSeVBX e grupos máis vulnerables afectados pola violencia armada e o desprazamento.

RE 1.2. Reforzados os mecanismos de prevención, identificación e atención integral a sobreviventes de VSeVBX promovendo a protección de dereitos, co foco no dereito á saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos desde a acción sen dano

            A.1.2.1. Articulación de Comités Locais de Dereitos Humanos nas 3 áreas sanitarias para orientación en sexualidade responsable e prevención da  VSeVBX

            A.1.2.2. Promoción da sexualidade responsable e identidades de xénero non violentas en centros educativos e puntos de encontro de poboación xuvenil

            A.1.2.3. Sensibilizacións comunitarias en Butsili, Ngilinga e Boikene sobre prevención da violencia contra mulleres e nenas e promoción da SSR con poboación desprazada interna e local en situación de vulnerabilidade.

            A.1.2.4. Creación de grupos de SVS para fomentar a axuda mutua, o intercambio e a aprendizaxe con vistas á recuperación psicosocial das vítimas e a súa reintegración socioeconómica 

RE 1.3. Fortalecido o acceso a información, participación e mecanismos de rendición de contas en situación de crise humanitaria e violencia na Zona de Saúde de Beni transversalizando estratexias de redución do risco de VSeVBX

            A.1.3.1. Formación a líderes locais da ZS de Beni en atención a sobreviventes e prevención e mitigación de  VSeVBX

            A.1.3.2. Encontros entre titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións da ZS de Beni para a participación e rendición de contas durante o ciclo do proxecto

            A.1.3.3. Posta en marcha do Sistema integrado de Xestión da Participación e Rendición de Contas (SIXPER) adaptado e contextualizado, promovendo a protección de mulleres, nenas e outros grupos en situación de risco.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 8.994 (3.598 mulleres, 2.250 homes)

Indirecta: 57.530 (23.012 mulleres, 14.383 homes)

Axudas: 

75.000,00 € (2025)