Proxectos

Protección e apoio psicosocial á infancia e familias afectadas pola guerra en Ucraína

O proxecto busca apoiar e protexer a nenas e nenos desprazados internamente a consecuencia da invasión de Rusia en Ucraína mediante o establecemento de contornas seguras  (childfriendly spaces, CSF) e o desenvolvemento de actividades grupais estruturadas de Apoio Psicosocial (PSS), con enfoques apropiados de xénero e idade para mitigar prácticas nocivas para os menores.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Europa
País: 
UCRANIA
Axentes: 
TIERRA DE HOMBRES (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Terre des hommes Foundation Ukraine

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da capacidade de protección da infancia, proporcionando servizos directos aos nenos e nenas, como a habilitación de centros seguros e “childfriendly”, garantindo  o necesario apoio psicosocial para os nenos e nenas más vulnerables en dous oblasts de Ucraína Occidental (Ivano-Frankivska e Khmelnitska).

Específico: mellorado o benestar dos desprazados internos vulnerables e a poboación local; 1.200 nenas y nenos de 5 a 18 anos e 20 especialistas en educación teñen unha mellor protección contra os danos a través dos servizos de apoio psicosocial e de saúde mental individualizado e as actividades educativas e recreativas en 8 CFS establecidas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Establecidas contornas seguras, de apoio e atractivas para os nenos e nenas (CFS)

A.1.1.1 Establecer contornas seguras, de apoio e atractivos para os nenos mediante o mantemento dos CFS estáticos existentes e establecidos, 8 unidades en total.

A.1.1.2 Levar a cabo eventos de capacitación para 20 persoas (2-3 persoas, 8 unidades) persoal  de CFS (unidades estáticas e móbiles), supervisores, facilitadores e animadores e garantir coñecemento e as habilidades prácticas para xestionar os CFS de maneira efectiva, estándares  mínimos de CP, programación segura e salvagarda, enfoque con actividades PSS.

A.1.1.3 Actividades lúdicas e sociais con grupos de nenos e nenas de diferentes idades (aprendizaxe informal, curación, xogo, socialización, eventos comunitarios, campañas públicas e de sensibilización, etc.).

RE 1.2 Actividades grupais estruturadas de PSS desenvoltas nos CFS establecidos.

            A.1.2.1 Ofrecer actividades grupais PSS estruturadas e semiestruturadas para mínimo 1.200 nenos, nenas e mozos a través de CFS, unidades estáticas e móbiles establecidas e mantidas adecuadamente

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.220 persoas, das cales 16 son mulleres, 4 homes, 600 nenos e 600 nenas.

Indirecta: 3.000 persoas, das cales 1.200 son mulleres, 1.200 homes, 300 nenos e 300 nenas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 74.980,50 €