Proxectos

Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique

O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.675 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios. Preténdese, desta forma, fomentar unhas condicións de refuxio dignas para a poboación desprazada e mellorar as súas capacidades de resiliencia fronte á crise e á situación de desprazamento.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
ACNUR (Comité español do ACNUR, axencia das Nacións Unidas para os refuxiados)
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional da poboación desprazada internamente en Mozambique asegurando o acceso a servizos de necesidades básicas no contexto da emerxencia de Cabo Delgado.

Específico: Prover a 335 familias desprazadas internas da provincia de Cabo Delgado de artigos non alimentarios de emerxencia segundo os estándares de protección internacionais.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Melloradas as condicións de vida de 335 familias desprazadas mediante a provisión de artigos básicos de emerxencia.

            A.1.1.1 Distribución de artigos non alimentarios de emerxencia entre a poboación desprazada internamente en Cabo Delgado.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.675 (507 mulleres; 420 homes; 333 nenos; 415 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €