Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique
O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.750 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios. Preténdese, desta forma, fomentar unhas condicións de refuxio dignas para a poboación desprazada e mellorar as súas capacidades de resiliencia fronte á crise e á situación de desprazamento.
ACNUR Mozambique
Xeneral: Contribuír ao proceso de protección internacional da poboación desprazada internamente en Mozambique asegurando o acceso a servizos de necesidades básicas no contexto da emerxencia de Cabo Delgado.
Específico: Prover a 356 familias desprazadas internas da provincia de Cabo Delgado de artigos non alimentarios de emerxencia segundo os estándares de protección internacionais.
RE 1.1 Melloradas as condicións de vida de 335 familias desprazadas mediante a provisión de artigos básicos de emerxencia.
A.1.1.1 Distribución de artigos non alimentarios de emerxencia entre a poboación desprazada internamente en Cabo Delgado.
Directa: 1750 (1005 mulleres e 745 homes)
50.000 € (2025)