Protección e atención ás mulleres sobreviventes de violencia machista nos campos de poboación refuxiada da Franxa de Gaza durante a pandemia de COVID-19
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
- Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.
- Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.
En concreto, e en cumprimento da medida 36, traballarase na mellora da atención integral a mulleres e nenas vítimas de violencia no actual contexto xerado pola pandemia da COVID-19, que ten sometido ás mulleres e nenas a maior risco de violencia.
Obxectivo xeral: Garantir o dereito das mulleres refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza á liberdade, a seguridade e a vida, libres de violencia machista.
Obxectivo específico: Mellorar a protección e a atención integral no tratamento de casos de violencia machista e sensibilizar á comunidade sobre a realidade das mulleres sobreviventes refuxiadas de Palestina nos campos da Franxa de Gaza.
Resultado 1: Fortalecido o sistema de prevención e atención a vítimas sobreviventes e sensibilizada a comunidade sobre violencia machista contra as mulleres.
- Actividade 1.1. Contratación de persoal da intervención.
- Actividade 1.2. Realización de consultas e sesións de prevención, atención e tratamento da violencia machista.
- Actividade 1.3. Derivación ao servizo de asesoría xurídica mediante o Sistema de Derivación e supervisión e seguimento dos casos de violencia machista.
- Actividade 1.4. Sesións individualizadas de asesoramento e apoio legal para mulleres vítimas de violencia machista.
- Actividade 1.5. Sensibilización comunitaria para a prevención da violencia machista.
- Actividade 1.6. Seguimento da intervención.
En total, 2.267 persoas beneficiaranse desta intervención, das cales 1.551 (o 68%) serán mulleres.
- 570 mulleres beneficiaranse das sesións de terapias individuais e grupales.
- 1.500 persoas participarán nas sesións psicoeducativas e de sensibilización pública á comunidade, das cales o 65% (975) serán mulleres e os 35% homes (525).
- Sete terapeutas de sete centros de saúde da Franxa de Gaza, dos cales o 86% serán mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 84.000 € (2020)