A protección na infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada ao Sur e o ApS como camiño á transformación social
Esta intervención continúa o proxecto “A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030” aprobada e financiada pola Xunta de Galicia nas convocatorias de 2022 e 2023. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito á protección da infancia e a construción de entornas protectoras e de bo trato para a infancia fronte a situacións de violencia. Búscase fortalecer a implicación de nenos, nenas e adolescentes, alumnado universitario e dos profesionais educativos, dos ámbitos formal e non formal, de Galicia na promoción do bo trato á infancia a través de accións de sensibilización, mobilización social e incidencia política baseadas en experiencias e intercambios co Sur Global. Esta nova proposta pretende seguir coas liñas de traballo abertas, sumando un novo colectivo meta: o alumnado universitario, futuros profesionais educativos e parte da cidadanía global con un importante efecto multiplicador
Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global crítica, activa e comprometida en Galicia coa transformación e empatía social e o desenvolvemento sostible en termos de protección contra a violencia na infancia no mundo, no marco da Axenda 2030 e o ODS 16 (meta 16.2).
Específico: Fortalecer a implicación e conciencia social da infancia e mocidade, persoal educador, formal e non formal, e alumnado universitario galego na promoción do bo trato á infancia a través de accións de sensibilización, formación, mobilización social e incidencia política baseadas na identificación e prevención de situacións de violencia e experiencias e intercambios con protagonistas do sur global.
RE 1.1 Mellorado o coñecemento e sensibilización de nenos, nenas e adolescentes, profesionais educativos, no eido da educación formal e non formal e alumnado universitario galegos sobre a violencia, dende un enfoque local-global, con énfase nos DDII, a Axenda 2030 e o coñecemento de outras realidades no Sur Global, atendendo ao dereito á protección e á meta 16.2.
A.1.1.1 Planificar e deseñar 15 sesións de formación e sensibilización con nenos, nenas e adolescentes de espazos de educación formal e non formal sobre o dereito á protección e o fomento do bo trato a infancia a partir do coñecemento da violencia a nivel global.
A.1.1.2 Organizar a lo menos 3 accións formativas en termos de protección, fomento do bo trato e a non violencia contra a infancia dirixidas a profesionais educativos de espazos formais e non formais e mecanismos para a súa prevención a nivel local-global.
A.1.1.3 Deseñar e desenvolver 5 accións formativas no marco dun proxecto de Innovación Docente baseado na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo para alumnado universitario para a súa capacitación en EpDCG, así como contidos específicos para a prevención e protección da infancia a nivel global, a Convención de DDII, os DDHH, a Axenda 2030 o do ODS 16 e a súa meta 16.2.
RE 1.2 Impulsado o protagonismo de nenos, nenas, adolescentes e alumnado universitario galego en accións de sensibilización, mobilización social e incidencia política na defensa do dereito a protección a nivel local global.
A.1.2.1 Organizar 5 obradoiros con nenos, nenas e adolescentes para o deseño e creación dunha acción de concienciación e mobilización social promovida e impulsada por eles en favor do coñecemento da Axenda 2030, a prevención da violencia e fomento de bo trato á infancia baseadas en experiencias locais-globais.
A.1.2.2 Coordinar, deseñar e executar dúas accións ou ciberaccións de mobilización social impulsadas polo alumnado universitario participante do ApS e dirixida á cidadanía para dar a coñecer situacións de violencia a nivel global e fomentar o bo trato na infancia e adolescencia.
A.1.2.3 Planificar e deseñar situacións de aprendizaxe co alumnado universitario participante do ApS dirixidas a nenas, nenos e adolescentes de espazos de educación formal e non formal para a sensibilización e mobilización social para a promoción da EpDCG, a cultura de paz, a non violencia e o fomento do bo trato.
A.1.2.4 Deseñar e implementar un plan de acción para a incidencia política a nivel local e/ou autonómico para a prevención da violencia contra a infancia.
RE 1.3 Facilitada a interacción e coñecemento de experiencias globais sobre a prevención da violencia dos participantes galegos cos seus pares en países do Sur Global.
A.1.3.1 Motivar, coordinar e organizar un espazo de diálogo online entre NNA galegos con alo menos 3 NNA protagonistas en iniciativas de protección do Sur Global (Bolivia)
A.1.3.2 Motivar, deseñar e dinamizar un encontro virtual para o intercambio online de coñecementos e experiencias entre profesionais educativos galegos, de espazos formal e non formal, e os seus pares en Bolivia para compartir estratexias do ámbito internacional en favor da efectiva protección da infancia e adolescencia fronte a violencia reforzando a importancia da meta 16.2.
RE 1.4 Sensibilizada a cidadanía galega sobre o dereito á protección e medidas de prevención fronte a situacións de violencia contra a infancia a nivel global.
A.1.4.1 Deseñar e implementar un Plan de Comunicación no abeiro do proxecto.
A.1.4.2 Motivar e acompañar a un grupo de alumnado universitario participante do ApS no deseño e desenvolvemento dunha campaña de sensibilización dirixida á cidadanía galega para a concienciación, mellora da sensibilización e o bo trato á infancia a nivel global no marco da Axenda 2030.
Directa: 320 (51 homes; 69 mulleres; 103 nenos; 97 nenas)
Indirecta: 339.857 (114.458 homes; 190.452 mulleres; 17.993 nenos; 16.954 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)