Provisión de alimentos de primeira necesidade ás familias máis vulnerables afectadas polo bloqueo.
Este convenio de colaboración ten por obxecto mitigar o impacto do bloqueo e a crise humanitaria sobre a vida da poboación máis vulnerable de Gaza, a través do apoio ao Programa de Axuda Alimentaria na Franxa de Gaza, coa finalidade de apoiar o incremento nutricional e de aporte calórico mediante a provisión de paquetes alimentarios.
Obxectivo Xeral: reducir o impacto do bloqueo sobre as familias refuxiadas máis vulnerables da Franxa de Gaza.
Obxectivo Específico: mellorar a seguridade alimentaria da poboación máis vulnerable dando acceso a alimentos de primeira necesidade con valores calóricos elevados.
Resultados: as familias refuxiadas máis vulnerables da Franxa de Gaza acceden a alimentos seguros e saudables de forma regular.
Actividades:
A.1: Identificación da poboación beneficiaria.
A.2: Procedemento de licitación e adquisición de alimentos.
A.3: Entrega da axuda alimentaria ao almacén central de UNRWA.
A.4: Empaquetado de alimentos e repartición dos paquetes aos almacéns da UNRWA en Gaza.
A.5: Distribución dos paquetes alimentarios á poboación beneficiaria.
A.6: Seguimento da intervención.
20000