Proxectos

Proxecto Auga Segura: “Mellora do acceso á auga potable e saneamento en condicións de equidade e sen discriminación para 27 comunidades rurais do Distrito Municipal de Baños del Inca, Cajamarca (Perú)”

O proxecto ten como obxectivo mellorar o desfrute do dereito á Auga potable e Saneamento de 3.102 familias rurais do distrito municipal do Baños do Inca, provincia de Cajamarca, Departamento de Cajamarca, Perú. A poboación beneficiaria titular de dereitos de 27 comunidades consome actualmente auga non apta para consumo humano, contaminada por parasitos e outros microorganismos. Os grupos comunitarios e persoal técnico municipal (titulares de obrigacións) responsables da xestión da auga e saneamento non dispoñen dos coñecementos técnicos nin administrativos que garantan unha xestión equitativa, transparente e sustentable do servizo. Ademais, as familias non practican hábitos adecuados de saneamento, hixiene e saúde, nin coñecen a súa  DDHH á auga potable e saneamento, polo que non o poden exercer nin reclamar. As necesidades das mulleres e nenas non están visibilizadas, e sofren maior vulnerabilidade e discriminación en relación ao acceso, uso, xestión e goce do recurso hídrico.

As comunidades contarán con axentes multiplicadores (titulares de obrigacións e responsabilidades) para promover boas prácticas WASH e promocionar DDHH á Auga e Saneamento; á súa vez, as persoas titulares de dereitos contarán coa información e ferramentas adecuadas para reclamar o pleno exercicio e goce dos seus dereitos.

Este proxecto é demandado polo distrito municipal de Baños do Inca e 27 comunidades rurais do mesmo (comunidades beneficiarias), centros de saúde, e lideresas comunitarias ante o éxito do convenio “Mellora da infraestrutura nos sistemas de auga potable na zona rural do Distrito de  Namora, Perú, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a FHRE en 2015-2016 e executado no citado distrito veciño. Á súa vez, complementa outras políticas distritales e rexionais en materia de auga e saneamento, como o Plan Nacional de Saneamento 2017-2021 do goberno peruano (que recolle a política sectorial en auga e saneamento).

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Cajamarca (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN HUMANITARIA DOS ROTARIOS ESPAÑOIS
Contraparte: 

Rotary Club Cajamarca Layzon

Código CRS: 
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
14031 - Abastecemento de auga
14032 - Saneamento básico
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao dereito Humano á Auga potable e Saneamento con enfoque de xénero na provincia de Cajamarca (Perú).

Obxectivo específico: Mellorar o acceso á auga potable e saneamento, en cantidade e calidade suficiente, de forma alcanzable, sustentable, sen discriminación para (27) Comunidades rurais do distrito de Baños do Inca (Cajamarca, Perú).

Resultados e actividades: 

RE1: Garantida a calidade e dispoñibilidade da auga potable fornecida polos sistemas de abastecemento comunitarios, mediante a rehabilitación das infraestruturas de almacenamento de auga e a instalación de sistemas de cloración de fácil manexo en 27 comunidades rurais.

A.1.1: Licitación, contratación e supervisión empresa construtora e provedor sistemas de  cloración.

A.1.2: Estudo de impacto ambiental.

A.1.3: Construción de (27) Casetas de cloración e escaleira metálica (1 caseta e escaleira de acceso en cada reservorio comunitario).

A.1.4: Remodelación de (27) reservorios de auga (1 por comunidade).

A.1.5: Instalación de cercos perimétricos con malla e varandas de seguridade en (27)  reservorios comunitarios.

A.1.6: Subministración, instalación e posta en funcionamento de (27) sistemas de  cloración (1 sistema por comunidade).

A.1.7: Medición en 27 reservorios dos niveis de calidade auga (análise bacteriolóxica, físico e químico ) ao comezo e final do proxecto.

RE2: Mellorada a xestión comunitaria e municipal do servizo, fortalecendo as capacidades existentes das JASS comunitarias e equipos municipais relativas á xestión, administración, operación e mantemento do servizo de maneira sustentable e sen discriminación.

A.2.1: (4) Reunións de coordinación para o Deseño e Elaboración de Plan de capacitación en Administración, Operación e Mantemento dos Sistemas de auga potable á xunta directiva das JASS.

A.2.2: (6) talleres en Operación e mantemento das infraestruturas melloradas de auga potable destinados ás 27JASS (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 1 taller por grupo).

A.2.3: (6) Talleres de capacitación en administración, contabilidade e xestión participativa do servizo/fornezo de auga potable para 27JASS e persoal técnico da municipalidade. (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 1 taller por grupo).

A.2.4: (6) talleres de resolución de conflitos para as 27JASS e persoal técnico da municipalidade (27 JASS repartidas en 6 grupos de formación, 1 taller por grupo).

A.2.5: (12) Talleres de Xénero e Auga (ODS 5 e ODS 6) para as 27JASS e persoal técnico da municipalidade (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 2 talleres por grupo).

A.2.6: Adquisición e entrega de (27) kits de ferramentas básicos para as JASS (1 por JASS).

A.2.7: (6) talleres capacitación en resiliencia comunitaria para as 27JASS e persoal técnico da municipalidade (27 JASS repartidas en 6 grupos de formación, 1 taller por grupo).

A.2.8: (1) Encontro Distrital de intercambio de experiencias JASS Baños do Inca.

A.2.9: Reprodución de materiais de sensibilización R2.

RE3:. Fortalecidas as capacidades locais e comunitarias en coñecementos e boas prácticas WASH, DDHH á Auga potable e Saneamento con especial atención a mulleres e nenas.

A.3.1: Elaboración de Liña de base “Hábitos de hixiene e enfermidades ligadas á a auga e saneamento, con especial atención ás enfermidades que afectan a mulleres e nenos/as)”.

A.3.2: (4) Reunións de coordinación para o Deseño e Elaboración de Plan de capacitación en WASH e saúde con enfoque de xénero e medio ambiente.

A.3.3: (5) Charlas Capacitación en WASH persoal centros de saúde e promotores/ as de saúde comunitarios (1 por centro de saúde).

A.3.4: Visitas domiciliarias por promotores/ as comunitarias para educar ás familias en boas prácticas WASH e saúde (especial atención a mulleres e nenas: hixiene feminina e nutrición infantil, entre outros temas).

A.3.5: (12) talleres WASH para as 27JASS e persoal técnico da municipalidade (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 2 talleres por grupo).

A.3.6: (12) charlas comunitarias "Exercendo o noso dereito á Auga e Saneamento: coidando os nosos recursos naturais e hídricos" (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 2 charlas por grupo).

A.3.7: (12) charlas comunitarias "Exercendo o noso dereito á Auga e Saneamento: auga, saneamento e hixiene feminina" (27JASS repartidas en 6 grupos de formación, 2 charlas por grupo).

A.3.8: (2) Feiras de Auga e saneamento.

A.3.9: Reprodución de materiais de sensibilización.

Actividades Troncais:

AT1. Seguimento do proxecto e elaboración de informes.

AT2. Actividades Sensibilización en Galicia (3) Seminarios ODS e Axenda 2030: Caso práctico: Proxecto Auga Segura Baños do Inca.

AT3. (4) Reunións de información e rendición de contas con titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades (Comité de Seguimento Local- CSL).

AT4. Avaliación externa con enfoque de XED.

AT5. Auditoría externa.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 13.693 persoas en total: Homes (5537), Mulleres (5421), Nenos (1382), Nenas (1353)

Indirecta: Homes (15778), Mulleres (16304), Nenos (5248), Nenas (5423)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 155.000 € (2019: 62.000 €; 2020: 93.000 €)