Proxectos

PROXECTO DE APOIO Á REALIZACIÓN DO IX MÁSTER EN XESTIÓN DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL E DAS ONG

Formar profesionais que desenvolvan as súas tarefas no sector da cooperación galega para o desenvolvemento

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Formación de futuros administradores públicos que adquiran unha capacidade dirixente especializada na cooperación internacional, con vista ao seu desenvolvemento no sector público. Formación de futuros recursos humanos para as actividades de xestión nas ONGD dedicadas á Cooperación Internacional. Especialización na elaboración, xestión e seguimentos de proxectos de cooperación para o desenvolvemento por áreas xeográficas.

Resultados e actividades: 

1. Docencia
2. Programa de estadas trimestrais
3. Publicidade e promoción
Con estas actividades, preténdese acadar os seguintes obxectivos específicos:
- Formación de directivos e especialistas na xestión pública da Cooperación Internacional e das ONG’s, prestando especial atención á cooperación na África Subsahariana e América Latina.
- Estudo específico das relacións sociais, económicas, política e xurídicas nas áreas da África Subsahariana e América Latina.
- Desenvolvemento de habilidades directivas, especialmente referidas á toma de decisións, comunicación, traballo en equipo, negociación e resolución de conflictos.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: Licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou diplomados con dous anos de experiencia.
Poboación beneficiaria indirecta: Organizacións e institucións galegas que traballan en cooperación

Axudas: 

56.800,00 Euros