PROXECTO DE ASISTENCIA E ATENCIÓN BÁSICA DIARIA A ANCIÁNS E ENFERMOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.
Os sectores de poboación aos que vai dirixida a axuda deste proxecto (anciáns, enfermos e nais solteiras) viven en condicións precarias en canto a vivenda e a hixiene persoal pola falta de auga na casa e pola falta de recursos para comprar produtos de aseo persoal, así como a falta de recursos para mercar alimentos. Este proxecto acolle a persoas que normalmente viven en territorio parroquial baixo o perfil de anciáns, enfermos e nais solteiras que a partir dunha solicitude, un equipo de persoas visítaos nas súas casas e valora máis de cerca a problemática e a veracidade das necesidades presentadas e establece o nivel de axuda que se vai ofrecer: produtos de alimentación e aseo, lavado de roupa unha vez por semana e alimentación.
A parroquia realiza o proxecto co acondicionamento e o apoio loxístico do Arcebispado da Habana e en consonancia co que outras igrexas e entidades gobernamentais de corte asistencial realizan noutras zonas
Parroquia del Espírito Santo -Habana Vieja- Cidade da Habana, Cuba
OX: mellorar as precarias condicións de vida e aliviar os sufrimentos de anciáns e enfermos e nais solteiras en situación de pobreza e risco de exclusión social.
OE: mellorar a hixiene e a alimentación básica de 120 asistidos e entregarlles alimentos e produtos de hixiene de primeira necesidade.
12242,5